jueves. 28.03.2024

O artista berciano, Javier Vecino, presentará parte da historia popular da comarca veciña

A novena edición do ciclo De Perto do Barco recibe este venres ao berciano Javier Vecino. Este narrador presentará un percorrido polo mundo da palabra escrita, da oralidade e da literatura berciana na historia, do culto ao popular, da poesía ao conto. Todo polo bicentenario da Provincia do Vierzo (1822-1823).

Tanto o título como o contido, non ten sentido reivindicativo; máis ben simbólico. Un percorrido pola descrición dunha terra a través de palabras, costumes ou mitos escritas e descritas por poetas, escritores, ou herdadas da tradición oral; unha mestura de ingredientes que conforman un todo.


Coñecido particularmente pola súa ampla e prestixiosa traxectoria como músico e actor, vencellado ao veterano grupo Conde Gatón, o ponferradino Javier Veciño representa como ninguén un espírito inquieto entregado á cultura, con solventes incursións na escrita, a fotografía, a dobraxe e axestión cultural.

Javier Vecino visita este venres o ciclo De Perto