Isabel Gavela recomenda "Darío a Diario", de Xela Arias

Este 2021 o Día das Letras Galegas está dedicado a esta escritora

O venres14 de maio, Isabel Gavela, de Librería Praxis, quixo realizar unha sección especial dedicada ao Día das Letras Galegas e á súa homenaxeada este 2021, Xela Arias. Ademais, informou da lista dos libros máis vendidos na tenda:

  1. Sira , de María Dueñas
  2. El bosque de los cuatro vientos, de María Oruña
  3. El juego del alma, Javier Castillo
  4. El arte de engañar al karma, Elisabeth Benavent
  5. El infinito en un junco, Irene Vallejo

"Darío a diario"

Xela Arias foi proposta, en dúas ocasións para ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. En 2014 foi proposta por Ramón Lorenzo, Antón Santamarina e Xosé Fernández Ferreiro para o Día dás Letras Galegas do ano 2015. Os outros candidatos foron Ricardo Carvalho Calero, Celestino Fernández de la Vega, Manuel María e Filgueira Valverde, resultando finalmente elixido este último.



Ao ano seguinte, no 2015, volveu ser proposta para dedicarlle o Día das Letras 2016, con Ricardo Carvalho Calero e Manuel María, quen resultou elixido.

En 2021, a Real Academia Galega, decidiu nomeala como homenaxeada para o Día das Letras Galegas dese ano.

Xela publica a súa primeira obra en 1986, 'Denuncia do equilibrio'. Catro anos despois, sae á luz 'Tigres coma cabalos', obra na que os seus poemas preséntanse cunha serie de fotografías realizadas pola súa exparella, Xulio Gil.

Tres anos despois do nacemento do seu fillo Darío, en 1996, publicou, "Darío a diario", onde a poeta ofrece unha reflexión sobre a súa propia experiencia como nai, cunha relectura da maternidade afastada da visión tradicional e desde o cotián, un dos seus libros "máis queridos”, pois como en todos os casos a chegada dun fillo ou unha filla á vida dos seus pais, cambia profundamente a maneira de ver a vida. Neste libro, celebra a autonomía do fillo, á que se lle concede unha importancia fundamental e establece símbolos pouco comúns ao redor do amor entre os pais e o seu fillo.

Iste é o libro que a Isabel Gavela parécelle máis especial de Xela, o libro no que se dirixe así a Darío:

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.

Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.

Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.

Tódolos mozos  son tu e ningún coma ti.

Tódolos ancians  son tu e ningún coma ti.

Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único.

Se desexa escoitar a sección de Isabel Gavela completa, pinche na seguinte ligazón: