Gargallada Teatro volta ao Barco coa súa obra “Desastre de función”

Gargallada Teatro volta ao Barco coa súa obra “Desastre de función”

Terá lugar este venres, 24 de febreiro, ás 21:00 horas no Teatro Lauro Olmo

A compañía barquense Gargallada Teatro volta ás súas raíces para interpretar por derradeira vez a obra “Desastre de función”. Terá lugar este venres, 24 de febrero, ás 21:00 horas no Teatro Lauro Olmo do Barco.

“Moita xente parábanos pola rúa pedindo que volveramos facer a obra”, admite o actor desta compañía, Manuel González. E é que Gargallada Teatro vén de acadar premios en todos os festivais nos que participou, sete para ser exactos, sendo algúns os máis importantes de España.

“Sabiamos que a obra estaba ben, que era diferente, intelixente, moi divertida…”, recoñece González. E non é para menos, xa que no Festival de Teatro Amateur de Alegría (Vitoria), levaron catro premios: xurado, escenografía, actores e actrices. Tamén acadaron galardóns no Valdemorillo (Madrid) ou no FESTEAF de Rivas- Viciamadrid, o cal é un dos máis desexados. “Presentáronse 169 obras de toda España e só seleccionan a seis, nós gañamos o premio do xurado e o de escenografía”, afirma o actor barquense.

Así, a última actuación desta compañía foi no Festival Viaje al Parnaso de Argamasilla de Alba (Ciudad Real), no que acadaron os premios do xurado, do público e a mellor actor. Porén, agora toca volver ás raíces, xa que o 24 de marzo actuarán no Teatro Principal de Ourense. “Soa a chiste pero é a primeira vez que imos actuar na capital; tiñamos ganas porque xa estivemos en Santiago, ou en outros teatros de renome, e faltaba este”, recoñece Manuel González.

Hai que recordar que esta é unha compañía afeccionada, polo que os seus integrantes non viven do teatro. “Vaste liando e vas preparando cousas. Ves que as cousas funcionas e o que levaba 5 minutos ao final vai en 5 horas”, explica González.

Ademais, as viaxes aos diferentes festivais son longas,  e a última foi de 1200km ida e volta nun  fin de semana. Porén, o actor barquense afirma que “nós pasámolo moi ben e se ves que a xente que tes no patio de butacas o pasa bomba, se divirte e aplaude cunhas ganas que meten medo para que queres máis”.

Así, dende Gargallada Teatro animan a que “vaian todas e todas porque é a última vez que a poidamos facer aquí e estamos pendentes de que nos convoquen en outros festivais”. “É un orgullo levar o nome do Barco por aí adiante”, admite.