viernes. 29.03.2024

O 2022 é o ano de Florencio Delgado Gurriarán. Fai máis de 20 anos que comezou a reivindicación comarcal para que o poeta, nado en Valdeorras, fose o protagonista do Día das Letras Galegas.

Débora Álvarez, promotora do proxecto “As Letras de Florencio”, afirmaba que «son moitas as propostas que se están a recibir, a pesar de que é complicado crear todo un ano de actividades». A través das redes están a compartir e difundir contido para dar a coñecer varias actividades que están poñendo en marcha centros educativos de fora da comarca.

Desde a asociación sempre foron os que levaban as propostas aos colexios, pero neste ano tan especial son os propios centros os que propoñen as ideas que teñen en mente para crear un conxunto máis amplo. «Gustaríanos que visen a figura de Florencio como unha festa para que se sintan protagonistas», destacaba Álvarez.

«Queremos facer puntos de información nos concellos para mostrar catro ideas que definan a obra do escritor. Estase a traballar en roteiros en Córgomo que nos fale da historia do lugar e do poeta». Ademáis, buscase que a homenaxe chegue a todas as partes de Galicia e non só da comarca.

No 2021, comezou o proxecto de “Valdeorras Infinda" cunha serie de conferencias onde a figura protagonista é Florencio e Valdeorras en A Coruña. Con todo, farase algunha intervención no Camiño de Inverno con sinalizacións e, grazas a Deputación de Ourense, o sector audiovisual transformará nunha película, nun documental e nun podcast a figura do escritor.

Florencio Delgado estará presente na sinalización do Camiño de Inverno