viernes. 29.03.2024
Mural a Florencio no colexio de Vilamartín (7)
Editorial IR Indo presenta unha guía didáctica e unha biografía sobre Florencio

Unha guía didáctica para traballar a súa obra con escolares e unha nova biografía sobre Florencio Delgado Gurriarán serán presentadas esta semana en Valdeorras, desta vez da man de Edicións Ir Indo. Débora Álvarez Moldes, directora do proxecto As letras de Florencio, é a autora da proposta didáctica que será unha ferramenta clave para o traballo nos centros educativos no ano das Letras de Florencio.

No caso da biografía, os autores son Tania Pérez Pérez e Xosé Ramón Campos e nela analizan a figura de Florencio abordando o seu legado cultural, político e literario.

A presentación é o xoves 31 de marzo ás 20 horas na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán do Barco e contará coa presencia, ademais dos autores e autoras dos libros, de Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do barco e mais de Xelasio Suárez, xerente de Edicións Ir Indo.

Trala presentación servirase un refrixerio entre os asistentes procurando xerar unha conversa sobre a potencialidade da obra de Florencio no eido educativo.

Editorial IR Indo presenta unha guía didáctica e unha biografía sobre Florencio