viernes. 19.04.2024

Esta semana presentouse na Deputación Provincial o I Premio de Poesía en honor ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. Unha delegación formada por alcaldes e instucións culturais acudían á cita, na que tamén estaba presente a directora do proxecto As Letras de Florencio, Débora Álvarez. Sobre a recepción na capital ourensana e a acollida deste galardón, falamos con ela en Somos Comarca:

Somos Comarca: ¿Cómo foi recibida na Deputación de Ourense a iniciativa da creación deste I Premio de Poesía?

Débora Álvarez: Na recepción, o noso anfitrión foi o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e a experiencia foi moi boa. Dalgunha maneira sentíamos que vos deixábamos un pouco de lado por ir presentar o premio a Ourense, pero tamén necesitamos que o premio saia fora das fronteiras de Valdeorras para que o que estamos a traballar na figura de Florencio e as iniciativas que poñemos en marcha cheguen máis lonxe.

SC: ¿En qué consiste o I Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán?

DA: É un premio completamente aberto sen límite de idade, pode participar calquera persoa que cree un texto poético. As únicas bases ou liñas que deben seguir é que a obra sexa en lingua galega e que cumpra cuns versos determinados, non menos de 20, nin máis de 300. A temática consideramos que fose libre porque cando alguén é un creador e está a preparar un texto, se lle marcas a temática pode ser un pouco máis guiado, e queríamos algo completamente libre. Esas son as únicas regras realmente importantes que deberían seguir.

SC: ¿O prazo xa está aberto oficialmente?

DA: O prazo ábrese oficialmente o día que aparezan as bases legais no BOP. E supoñemos que será mañá luns. A partir de ahí xa podremos centrarnos na recepción de traballos. Así que xa poden comenzar a escribir e a partir da semana que ven enviar os textos. O prazo remata o 15 de setembro.

SC: Por fin un premio de poesía na memoria de Florencio...

DA: Sí, por fin, porque ao redor da figura de Florencio fixéranse outras actividades, incluso as Xornadas de Teatro que puxera en marcha a Asociación de Veciños de Córgomo, pero nós queriamos potenciar realmente o que é a creación poética. Florencio é básicamente un escritor de poesía ainda que despóis a nivel persoal, tivese outro tipo de intereses e de gustos musicais, teatrais, cinematográficos... Creímos que era fundamental o seu peso como creador poético e que a él tamén lle gustaría ser unha plataforma para eses novos creadores. As veces non é tan sinxelo darse a coñecer cando un ten 20 anos e escribe poesía. E maís cando agora acceder a unha editorial é bastante complicado.

SC: ¿Cómo xurdiu a idea?

DA: A verdade é que non o lembro, foi algo que sempre tivemos moi claro, era unha das bases fundamentais do proxecto.

SC: Ven un pouco a redondear o que levades feito...

DA: Dalgunha maneira sí. Estamos intentando cada vez meternos máis en temáticas transversais a Florencio. Por un lado temos unha misión que é conseguir que a xente coñeza a súa poesía, pero e que tamén queremos que se coñeza a figura do escritor, e o momento no que viviu, entón moitas das actividades estabamos a centralas na súa historia persoal, no contexto onde nace a persoaxe. Pero por outro lado, tamén sabiamos que a relación coa poesía non podía quedar ahí. Nun proxecto deste nivel se só nos centrásemos no que él fixo, non teriamos ligazón con presente, co futuro, con estes novos creadores, que moitos deles esperamos que saian de Valdeorras e que sexan os futuros Florencios.

SC: Tedes exprimido moitísimo a vida de Florencio nas iniciativas postas en marcha ata agora...

DA: Pois eu creo que aínda nos queda moito. Estamos intentando traballar e potenciar a figura dun grande, pero temos moitas cousas gardadas no peto porque seguimos coa esperanza de que nos concedan o Día das Letras Galegas para sacalas todas.

SC: Co voso traballo estamos descubrindo un novo Florencio que era moito máis que un poeta...

DA: A súa vinculacion co mundo do exilio mexicano foi moi importante, a súa labor no padroado da cultura galega, detrás da producción de revistas como Vieiros, tan importantes para a literatura galega, que mantiveron a cultura galega nun momento no que estaba perseguida e na sombra. Todo eso forma parte do Florencio que nós como proxecto recreamos, que está na nosa imaxe mental. Veño agora de manter unha reunión con Domingo Díaz, encargado de facer unha videohomenaxe a Florencio e claro, imos crear unha imaxe dese Florencio e un mundo ao redor seu. Esperemos que non esté moi alonxado da realidade.

SC: O maior premio para vós sería rematar todo este traballo ca recompensa de ter conseguido un Día para Florencio, ¿non?

DA: Esperemos que así sexa, pero tampouco pensamos que vaia a ser unha decepción non conseguilo. Temos que poñer os pés no chan e saber que sería unha homenaxe grandísima e merecidísima, pero que se non se consegue, non pasa nada, o que levamos conseguido dende agosto de 2016, cando comezamos as primeiras reunións do proxecto, é enorme. Conseguir que os nenos dos centros escolares saiban quen é Florencio, e dalgunha maneira facer entender a comunidade educativa que se pode ensinar os temas básicos dende unha perspectiva máis local, comarcal, amosar un pouso a nosa historia. E facer que o resto da cidadanía coñeza que hai un señor na nosa historia que é importante e que é importante que coñezamos a eses persoeiros que tivemos na historia.

SC: Supoño que os primeiros sorprendidos do que da de sí a figura de este escritor, sodes vós...

DA: Sí, a verdade é que sí. Sempre lles digo o mesmo á xente que se vai unindo ao proxecto, coidado que Florencio engancha. E todo o mundo me da a razón. Que só coñecía unha parte da súa vida ou da súa obra e despóis ven como se te vas metendo no proxecto acabas vendo mil oportunidades máis.

Foto: Débora Álvarez, directora do proxecto As Letras de Florencio, a segunda pola dereita.

Débora Álvarez: «Esperamos atopar futuros Florencios en Valdeorras»