A sexta edición de Córgomo Arte que leva por título «Abismos entre a sombra e a alma», exporase o luns 3 de setembro, en Cenima de Foz, Lugo. Tras o seu paso o ano pasado pola pola sala Conde Torino de Córgomo, en Vilamartín, nesta ocasión a iniciativa expanderase ata terras lucenses, concretamente á Mariña. Na mostra, ademáis do arte valdeorrés, participan artistas de diversos recunchos da comarca lucense como Burela ou Viveiro.
Córgomo Arte VI xurdiu hai seis anos coma unha idea dos artistas Manolo Conde e Victorino Núñez, coa fin de integrar a arte contemporánea no rural, actualmente tan olvidado polas políticas culturais. A idea constitúe en si un acto de rebeldía sobre o establecido. Defínese coma «un proxecto que naceu dunha necesidade, a de atopar un espazo de expresión para o arte, un lugar onde a liberdade creadora atópase ceibe de ataduras e artificios».
Dende Cógomo Arte pretenden avanzar na proposta presentada o ano pasado e continuar espindo ao arte. Nesta convocatoria, queren convidar a tódolos asistentes a reflexionar sobre o que somos como individuos, buscar esa verdade que reside no noso máis fondo do ego, entre a sombra e a alma, oculta entre as moitas capas de apariencia coas que nos cubrimos ante a imposición do «que deberíamos ser». O certame se presenta coma «unha manifestación dese eu verdadeiro, unha revelación apaixonada do ser, a arte como verdade, como unha liberación irracional dos instintos».