Convocado o III Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

Nesta edición do Premio de Florencio Delgado volverá a haber un único premio dotado con 3.000 euros ao vencedor do concurso

Este luns presentouse a III edición do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán convocado polo Concello de Vilamartín. Este ano o concurso contará ca colaboración dos concellos de O Barco, A Rúa, Rubiá, Petín y Vilamartín. Un ano máis o galardón consistirá nun único premio de 3.000 euros para o gañador contando co apoio económico da Deputación de Ourense.



Este concurso ten como finalidade potenciar a obra e figura dos novos creadores ofrecendo un espazo donde amosar as súas obras. Tamén por elo buscaron a través do cartel amosar parte da figura de Florencio mesturandoó cas artes gráficas. O autor do mesmo é o rués Iván Prieto.



Como requisito imprescindible para poder presentar o traballo é que esté escrito en lingua galega. Cada participante podrá presentar ata 3 obras ao concurso. Os textos presentaranse mecanografados en folios tamaño DIN A 4 a dobre cara. Entregarase unha copia da obra co formulario de inscrición correctamente cuberto, no caso de
presentación física a través de Rexistro ou correo postal.

As obras teñen que ser inéditas cun mínimo de 15 versos e un máximo de 90. O Concello de Vilamartín resérvase o dereito de publicación e difusión a través do medio que considere oportuno.

As bases do certame están publicadas nos vindeiros días na web do proxecto As letras de Florencio onde tamén pode facerse a inscripción así como nas páxinas dos concellos implicados neste evento.