lunes. 15.08.2022

O ciclo De Perto encara a súa última semana con 3 actuacións, este mércores chega o turno para «Divas de diván»

O ciclo De Perto encara a súa última semana nunha edición atípica, xa que neste 2020 o evento non rotou polos diferentes escenarios que ofrece o Barco e os seus pobos, celebrándose únicamente nos Xardíns da Casa Grande de Viloira. Ademáis as medidas de distanciamento social tamén son unha constante nas diferentes actuacións.

Este mércores chega o turno de presenciar "Divas de diván" a cargo de Ángeles Goás, Vero Rilo e Carmen Conde, quenes contarán "Contos eróticos para abrir boca", un espectáculo de narración oral que tal e como confirma Conde é a érotica un pouco máis realista, a que non se ve nas películas, porque nesta: «Admítese o fallo, e máis cotiá».

Durante 60 minutos as 3 actrices farán que o público véxase envolto nunha conversa cas protagonistas do evento cun toque gastronómico, xa que haberá comida e formará parte das historias, malia que este ano por mor do Covid, non será compartido cos asistentes: «O que pasa co erotismo e que se debuxa ca perfección de xente que é impecable como se nada fixera, sale todo perfecto, está todo coregrafiado, nos que fomos buscando historias nas que a xente se pode recoñecer» sinalou Carmen Conde.

Nesta obra tamén daráse renda solta aos posibles erros e improvisacións que se den durante o tempo que dure a actuación, xa que o que se busca é naturalizar os fallos debido a que están no día a día: «A perfección e bonita como ideal, os erros están na nosa vida e tamén na parte máis íntima».

A cita será a partir das 20:30 horas, prégase acudir ao recinto con tempo de antelación debido as medidas de seguridade implantadas por mor do Coronavirus, xa que é necesario preasignar os asentos, uso de hidroxel -colocaráse na entrada- e empregar a mascarilla en todo momento.

Se queres escoitar todo o que nos contou Carmen Conde, podes facelo premendo na seguinte ligazón:

Fotos: Laura Pernas.

O ciclo De Perto comeza a súa última semana con «Divas de diván»