jueves. 05.06.2025

¿Adiviñarías cal foi a palabra do ano 2023 en Galicia?

Esta é a elección popular promovida polo Portal das Palabras
somoscomarca_231108_obarco_panoramica_otoño4
somoscomarca_231108_obarco_panoramica_otoño4

A inventiva para sensibilizar sobre o problema dos ciberataques e outros delitos informáticos creou nos últimos meses un neoloxismo de rexistro coloquial que tira do humor para gañar eficacia neste desafío: cibercarracho, -a.

E esta é a voz que acaba de ser elixida Palabra do Ano 2023, nun momento en que grandes empresas de múltiples sectores e institucións públicas e privadas de todo o mundo están a ser obxecto de graves agresións deste tipo de delicuentes, que tamén afectan cada vez máis particulares. 

O vocábulo fíxose con máis do 40 por cento dos votos rexistrados na votación organizada pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras, a páxina web para a difusión do léxico galego promovida por ambas as institucións.

A segunda voz máis apoiada foi feitiño, -a, con algo máis do 30 % dos votos, seguida de biodiversidade, dereitos humanos, educación emocional e cooficialidade.

¿Adiviñarías cal foi a palabra do ano 2023 en Galicia?