lunes. 03.10.2022

A mobilidade nocturna está restrinxida desde as once da noite ás seis da mañá

Os datos desta xornada volven a ser bos e séguese dobregando a curva. Nestes intres hai 47 casos activos na bisbarra. Nada que ver cos datos que se tiñan a finais de novembro, cuando non paraban de subir e até chegaron case que a duplicar os de hoxe.  

Os casos activos por Covid-19 segundo a Conselleria de Sanidade  son de  19 positivos no Barco de Valdeorras. Un menos no da Rúa que conta con 18. Vilamartín e Petín teñen os mesmos infectados pola covid, 4 en cada un destes concellos e A Veiga segue con 2. O resto de concellos da comarca O Bolo, Carballeda, Larouco e Rubiá non posúen ningún caso.



Respecto as restricións na comarca subliñar que os establecementos de hostalería permanecerán abertos até as 23:00 horas. O aforo ao 50% no interior e ao 75% no exterior. As agrupacións nestes lugares serán de un máximo 6 persoas. A mobilidade nocturna segue restrinxida de 23:00 a 6:00 horas.

Destacar que no Hospital Público de Valdeorras hai 5 pacientes hopitalizados na planta azul, segundo os datos do último parte facilitado pola Consellería de  Sanidade ,que se pecha ás 18.00 horas do día anterior — o luns 7 de decembro—.



En canto á situación na área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, os  contaxios seguen baixando xornada tras xornada. Nestes momentos son 377 os casos activos, destes, 33 atópanse ingresados nos centros sanitarios da área e 3 pacientes están na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do  CHUO.  Ascende a 20 os casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas.

En cifras acumuladas destacar que o número de curados ascende a 7044, mentres que os falecidos suman 296. Realizáronse un total de 119598 PCRs e 65354 probas serolóxicas

Valdeorras segue dobregando a curva de positivos por Covid-19