Seguen subindo o número de infectados por coronavirus no Barco

No resto de concellos de Valdeorras prevalece a estabilidade

Nesta xornada festiva, por mor da celebración do Día das Letras Galegas, son 14 os casos activos na comarca de Valdeorras. Mentres no Barco seguen subindo, o número de positivos é de 12 persoas, dúas máis que onte, no resto dos concellos permanecen estables. Carballeda mantense con 2 positivos, mentres que en Rubiá e Vilamartín posúen 1. O resto de concellos: A Rúa, A Veiga, Larouco, O Bolo e Petín non rexistran casos.



A xornada do día 12 foi a que menos casos activos rexistrou durante este mes de maio, con tan só 8 persoas infectadas. A partir de aí fóronse incrementando o total de activos por covid 19 até chegar aos 16 que o SERGAS certificou neste 17 de maio.

No Hospital Público de Valdeorras hai 2 persoas hospitalizadas na planta azul, mentren que en Ourense son 12 os que permanecen no CHUO, 2 en UCI. Na Área Sanitaria Ourense, Verín O Barco son 223 as persoas que confirman PCR positiva.

En canto ao total de Galicia significar que son 2.789 os casos activos. Un total de 119.772 pacientes xa están curados e a día de hoxe hai 2.613 pacientes en seguimento nos seus domicilios.



Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 139 en unidades de hospitalización e 2.613 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 119.772 persoas curadas, rexistrándose 2.403 falecementos.  O número de PCR realizadas é de 2.174.358.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.607.310. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos