lunes. 03.10.2022

Os usuarios poden realizar a proba sin baixarse do coche minimizando o risco e optimizando o uso de equipos de protección individual

Mañá comeza a funcionar no Hospital Público de Valdeorras un novo punto fixo de recollida de mostras para o test de COVID-19 — coronavirus —. Con el vaise axilizar a toma da mostra, minimizar os riscos de contaxio e optimizar o uso de equipos de protección individual —EPIs—. Non será preciso que os usuarios, previamente citados vía SMS, se baixen do coche.



O novo AutoCov, como se está a coñecer en Galicia o dispositivo, está instalado diante da entrada de Rehabilitación, nunha zona separada doutras áreas asistenciais e ben comunicada tamén co Laboratorio de Microbioloxía, onde se rexistra a mostra, quedando todo o proceso reflectido na historia clínica electrónica.

Porta de entrada de rehabilitación onde se tomarán as mostras

Desde mañá a porta de entrada a Rehabilitación quedará reservada para o uso do equipo de recollida de mostras, formado por unha enfermeira e unha técnico de coidados auxiliares de enfermería (TCAE) en cada quenda, estando en principio previsto que funcione en horario de mañá e tarde.

A entrada de pacientes de Rehabilitación será pola porta de consultas externas. Mentres que o acceso de vehículos ó AutoCov realizarase con entrada pola Rúa Conde de Fenosa e saída por Eulogio Fernández.

Entrada por Eulogio Fernández por onde accederán os pacientes de Rehabilitación

Cita por SMS con hora e xeolocalizador

Ó igual que o outro dispositivo en funcionamento en Ourense, o seu obxectivo é axilizar a recollida das mostras dos pacientes con poucos síntomas e autonomía. Ós que se lle indique a realización da proba, ben desde o 061 ou polo médico responsable, recibirán nas próximas horas un SMS, ca hora da cita e a xeolocalización do punto exacto ó que deben acudir. Nunca a demanda do propio usuario.

Con esta xa son sete as unidades de recollida de mostras na Área Sanitaria de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras. Dúas fixas nos hospitais de Ourense e O Barco, e cinco móbiles para a recollida de mostras a domicilio. Cada unha está formada por un persoal de enfermería e un técnico de microbioloxía.

As unidades móbiles achegaranse ós pacientes con vivenda en puntos alonxados dos AutoCov, sen vehículo propio ou con dificultades de mobilidade.



O novo sistema, coordinado polo Servizo de Medicina Preventiva, ó igual que o resto de unidades a domicilio, permite axilizar os tempos de recollida da mostra ó posibilitar que os cidadáns se despracen en coche ó hospital. Ademais diminúe a utilización dos EPIs, xa que, mentres cada visita a domicilio supón un cambio de EPI, neste caso, os profesionais so precisan un único equipo por quenda de traballo. Redúcense tamén os riscos ó realizarse de xeito individual e con só baixar a xanela do vehículo.

Primeiro Hospital Comarcal con AutoCov

O novo sistema no que o sistema público de saúde de Galicia é pioneiro no estado, estase a implantar en distintos hospitais autonómicos, sendo o de Valdeorras o primeiro dos comarcais en dispoñer del.

Desde a dirección da Área Sanitaria deséxase facer público o agradecemento ó equipo de persoal do Hospital Público de Valdeorras, especialmente a Enfermería. Este en colaboración cos servizos de Medicina Preventiva, Microbioloxía e Sistemas da Información foron capaces de habilitalo nun tempo récord.



O punto estará en funcionamento en horario de mañá e tarde tódos os días da semana, incluídos fins de semana e festivos. Segundo aseguran desde o SERGAS, co novo sistema preténdese dar resposta ó incremento da demanda de recollida de mostras, desde o inicio da pandemia do coronavirus.

O HPV abre un punto de recollida do test de coronavirus sin baixar do coche