
Foron un total de 7 as personas citadas durante a xornada deste martes para facerse a proba do coronavirus
O Hospital Público de Valdeorras comenzou hoxe ca realización das primeiras probas do coronavirus.
En total foron 7 as peronas que foron citadas polo Sergas vía SMS, para facerse os test sen baixarse dende o vehículo. As probas realízanse nun posto colocado na entrada de rehablitación do hospital barquense nunha zona separada doutras áreas asistenciais e ben comunicada tamén co Laboratorio de Microbioloxía, onde se rexistra a mostra, quedando todo o proceso reflectido na historia clínica electrónica.
O equipo de recollida de mostras está formado por unha enfermeira e unha técnico de coidados auxiliares de enfermería (TCAE) en cada quenda, estando en principio previsto que funcione en horario de mañá e tarde.
Con este test vaise axilizar a toma da mostra, minimizar os riscos de contaxio e optimizar o uso de equipos de protección individual —EPIs—. Non será preciso que os usuarios, previamente citados vía SMS, se baixen do coche.
Actualización de cifras dos pacientes ingresados no HPV
Actualmente son 1 paciente continúa ingresado no hospital valdeorrés, e ademáis encóntrase en planta, ademáis das dúas altas da provincia de Ourense 1 corresponde a Valdeorras.
Os pacientes de rehabilitación entrarán por unha entrada diferente a habitual
A entrada de pacientes de Rehabilitación será pola porta de consultas externas, situada na Rúa Eulogio Fernández. Mentres que o acceso de vehículos ó AutoCov realizarase con entrada pola Rúa Conde de Fenosa e saída por Eulogio Fernández.
Fotos cedidas.