Noventa e sete casos máis por coronavirus na provincia de Ourense desde onte

Edificio del Hospital Público de Valdeorras en O Barco

No Hospital Público de Valdeorras o número de ingresospor Covid-19 segue a ser de cinco

Segundo o parte deste domingo, 4 de outubro, a Consellería de Sanidade informa de 5 ingresos por coronavirus no Hospital Público de Valdeorras, rexistra os mesmos que onte e un máis co venres. Estes cinco pacientes afectados pola enfermidade permanecen illados na planta azul habilitada para positivos por Covid-19.

Nesta xornada o total de positivos activos na área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco son 946, 55 máis que onte. Destes, 72 (-1) atópanse ingresados nos 3 centros sanitarios da área, os mesmos que onte deles na Unidade de Coidados Intensivos (UCI). O resto, 874 continúan en seguimento domiciliario.



O total de casos rexistrados ascende xa a 3.869 pacientes, 97 máis que na xornada do sábado, con 2.768 curados (+41) e 155 falecementos (+1) desde o inicio da pandemia. En total realizáronse 63.695 (+718) probas  PCR.

O maior dato de ingresos atópase no Centro Hospitalario Universitario de Ourense con 47 pacientes en planta e 7 en UCI. No Hospital Público de Verín a cifra atópase en 12.

Colexios

Onte confirmábanse 2 novos positivos por coronavirus no CEIP Ramón Otero Pedrayo de  Viloira. Os estudantes están en distintas aulas e levan varios días sen ir ao centro educativo. Recordamos que o primeiro caso neste colexio saltaba á luz o pasado luns, 28 de setembro, cando dous irmáns tamén en diferentes aulas daban positivo.

Polo de agora son 4 os alumnos con coronavirus no Otero Pedrayo, 3 no CEIP Julio  Gurriarán, 1 no CEIP Condesa de Fenosa, que ten unha aula pechada por este positivo, 4 no Colexio Divina Pastora e 3 no IES Lauro Olmo, todos no Barco.

Abrochos no Barco

Os fins de semana desde o Servizo Galego de Saúde non se informa ao respecto polo que a seguen os mesmos a nivel informativo. O último abrocho data do xoves afecta a catro persoas: un home de 36 anos e tres mulleres de 30, 35 e 67 anos de idade.

Nesa xornada, aumentaba outro dos brotes de carácter familiar que pasaba de tres persoas —dúas mulleres de 37 e 60 anos e un home de 56— a seis cos positivos de tres mulleres máis de 37, 17 e 15 anos de idade. Seguen activos outros 6 abrochos que afectan a outras 35 persoas en total.

Falecementos

Son 3 as personas falecidas que foran diagnosticadas por coronavirus. Trátase dun home de 93 anos que  estaba ingresado no HULA (A Coruña); outro home de 89 anos que estaba ingresado no CHUO (Ourense); e outro home de 87 que estaba ingresado no CHUS (Santiago). Os tres tiñan patoloxías previas.