domingo 28/11/21

Máis de 20.000 ourensáns superaron a Covid tras ano e medio de pandemia

Entre as persoas con diagnóstico positivo a Covid hai unha gran variabilidade de idades, mentres que os ingresos concéntranse entre as de maior idade

somoscomarca_centro_salud_vilamartin_obarco_entrada_humanizacion_2021_09_20 (5)
Máis de 20.000 ourensáns superaron a Covid tras ano e medio de pandemia

Tras ano e medio de pandemia e cinco ondas epidémicas, na provincia de Ourense 20.930 persoas se recuperaron da Covid19 neste intenso período no que, a data de hoxe, aínda catro ourensáns permanecen na UCI en estado grave e nove das 243 con diagnóstico están hospitalizadas.

Delo despréndese que os pacientes ingresados só representan o 5,3% dos casos, todos eles no Hospital Universitario de Ourense, con 12 pacientes, e un no Hospital Público de Valdeorras, manténdose libre de Covid o de Verín.

Entre as persoas con diagnóstico positivo a Covid hai unha gran variabilidade de idades, mentres que os ingresos concéntranse entre as de maior idade. En concreto en UCI a idade media dos ingresados é de 70 anos e en planta ascende ata os 82, con idades que oscilan entre os 53 e os 93.

Sen dúbida, este cambio na incidencia global e presión asistencial, está directamente relacionado coa concatenación das medidas de control, a vixilancia epidemiolóxica, o rastrexo de contactos e sucesión de cribados poboacionais, e por suposto a extensión da vacinación fronte a Covid19, que en Ourense ronda o 90% de cobertura con 496.376 doses administradas e 256.742 persoas coa pauta completa.

Máis de 20.000 ourensáns superaron a Covid tras ano e medio de pandemia