Os Centros de Saúde de Valdeorras comezan a recuperar a actividade
Os centros de saúde recuperan a actividade de forma paulatina, e citando únicamente en casos imprescindibles
Os 106 Centros de Saúde e consultorios de Atención Primaria, e dende esta tarde os 14 Puntos de Atención Continuada de Ourense inician hoxe a reactivación progresiva da súa actividade habitual, nunha fase inicial marcada pola prudencia na que se mantén a priorización da atención telefónica, con citas presenciais só naqueles casos imprescindibles, e sempre por indicación nunha consulta telefónica previa.
Como norma xeral, nesta liña de prudencia, nos accesos aos centros mantense as medidas de protección dos pacientes fráxiles ou máis vulnerables, evitando que coincidan con outras persoas e, aglomeracións que podan favorecer os contaxios tanto de usuarios como profesionais, co que ademais manteranse os dobres circuitos de acceso separados pola presenza ou non de síntomas de infección respiratoria, como ata agora, habilitando na medida do posible diferentes entradas para nenos e adultos.
Nesta primeira etapa de reactivación asistencial a atención primaria ten un papel clave, orientado á detección precoz de casos, ao seu manexo e seguimento, así como á prevención da infección. Para elo os médicos de familia contarán cun circuito rápido que permitirá dispoñer dos resultados das probas diagnósticas de COVID_19 que soliciten en non mais de 24 horas.
Cupos para evitar aglomeracións do devandito, seguirase a potenciar a consulta telefónica, e a citación presencial axustarase a minimizar a súa coincidencia, tanto nas salas de espera e zonas comúns como nos propios medios de transporte público. Por elo cada servizo de servizo de atención primaria estimarán o aforo máximo dos centros, para facilitar que se manteñan as distanzas de seguridade. Para elo a medida que se avance na reactivación, as axendas de citación terán en conta este criterio.
Xunto a elo continuarán a desenvolverse iniciativas de control e seguimento proactivo, para detección precoz de síntomas compatibles coa Covid 19 ou reagudización de pacientes crónicos, unido á potenciación da atención domiciliaria, especialmente daqueles pacientes máis fráxiles ou vulnerables, tanto a través da visita domiciliaria, como da plataforma de teleseguimento TELEA, instrumento clave nestes meses para o control dos pacientes positivos a Covid con menor compromiso de saúde.
Igualmente continuarase a potenciar a contestación directa desde os centros de saúde das chamadas telefónicas -evitando a entrada dos sistemas automáticos- co obxectivo de incrementar a consulta en modalidade non presencial e evitar que os cidadáns teñan que acudir ao centro para a solicitude de cita.
Autonomía e capacidade organizativa dos
Centros de Saúde
Cada Centro de
Saúde conta con dous responsables da xestión do coronavirus, formados por un profesional médico e outro de
enfermería, que manterán un contacto directo coa dirección da Área Sanitaria,
como canle principal para a transmisión de información, necesidades formativas
ou de material de todo tipo, tanto de hixene como de protección individual dos
traballadores ou métodos barreira para usuarios ou persoal.
Igualmente,
mantendo o establecido nesta etapa previa, todos os centros dispoñen dun equipo
coordinador ou referente para a atención, control ou orientación das
Residencias Sociosanitarias ou vivendas comunitarias existentes nos seu ámbito
de referencia ou concello, para detectar precozmente calquera signo de alarma.
Reactivación da Atención
pediátrica
Na medida do posible,
ante a gran variabilidade de centros, a súa estructura e tamaño, procurarase
que os nenos e nenas en idade pediátrica, ata os 14 anos, teñan unha entrada ao
centros e acceso a consulta separado da dos adultos, habilitando cando non sexa
posible algunha barreira física de separación entre poboación pediátrica e
adulta, especialmente en áreas comúns.
Do mesmo xeito que
coa adultos manterase un doble circuito cos rapaces que acudan con síntomas
respiratorios, afastados polo menos dous metros do resto de pacientes, sendo
recomendable o uso de máscara (sempre que sexa posible en función da súa
idade). O uso destas máscaras non está recomendado nos nenos menores dun ano,
polo que estes deberán manterse nos seus carros ou no seu defecto en brazos dos
coidadores. En caso de nenos con síntomas de sospeita, seu acompañante tamén
deberá usar máscara, e realizar -e axudar aos nenos a realizar- unha adecuada
hixiene de mans.
De momento e previsiblemente ata finais do mes de maio, realizaranse os controis de saúde ata os 12 meses de idade, demorando, de ser posible, os controis en nenos de máis idade, reanudándose progresivamente os controis, priorizando as vacinas. Primeiro os dos 3 e 14 anos e a continuación os dos 6 e 12 anos.
Os pacientes deberán acudir sós e, só en caso de menores ou dependentes cun único acompañante
Preceptiva realizar a hixiene de mans á entrada ao centro e uso de máscara cando este indicada ou de non ser posible a distanza interpersoal de seguridade (2 metros).