Armando González un dos primeiros infectados que supera a enfermidade na provincia
É médico
especialista do servizo de Neumoloxía e xa está na casa
Armando González, médico especialista do Servizo de Neumoloxía, é un dos primeiros pacientes que xa está na casa. Foi dos primeiros ingresados para ser atendidos desta nova patoloxía en Ourense. Xa está na casa, unha vez superada a súa enfermidade.
«A súa recuperación é unha mensaxe de esperanza nestes tempos de preocupación e de alegría para todos os seus compañeiros e compañeiras sanitarios que loitan polo resto de pacientes», aseguran desde o Sergas.
Nun vídeo gravado trala superación da Covid-19 da as grazas o equipo sanitario e non sanitario do Complexo Hospitalario de Ourense facendo especial fincapé neste agradecemento o persoal da sesta planta. Tamén transmite unha mensaxe de esperanza ós infectados polo coronavirus que están padecendo a enfermidade. «Que saiban que ten saída e que ten cura. Os tratamientos que se están pondo son os mesmos que se están pondo nestes momentos nos mellores sitios do mundo. Non hai diferenzas», subliña o doutor.
Tamén agradece o confinamento das persoas nas súas casas porque consigue que os recursos cheguen e abonden para todos. «Si a infección está controlada e o contaxio diminuído os servicios que temos chegarán para todos», asegura.
Desde o Sergas agradecen ó doutor González que haxa compartido a súa mensaxe. « Ánimo! este virus ímolo parar xuntos», expresan desde o ente galego de saúde.
Vídeo da mensaxe do doutor Armando González, médico especialista do servizo de Neumoloxía: