
19 de abril de 2024, 14:21
A ViboMask 2024 xa ten un cartel oficial. Esta presentación tivo lugar o 19 de abril no salón de plenos do Concello de Viana do Bolo. A este acto acudiu Jorge Minas, organizador do evento; Andrés Montesinos, alcalde de Viana; e Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso.
O vindeiro 26 e 27, Viana acollerá a programación desta novena edición. O domingo 28 será a quenda de Vilariño, onde tamén se poderá ver o grupo de Sappada (norte de Italia).
Para poder saber con detalle como foi esta rolda de prensa, pode ver o seguinte vídeo: