sábado. 07.06.2025

Catro millóns de euros para a reconversión de viñedos

Poderán ser beneficiarias aquelas persoas cuxas explotacións se destinen á produción de uva para vinificación e que cumpran coa normativa vixente 
somoscomarca_obarco_cooperativabarco_vinosbarco_vendimis (4)
somoscomarca_obarco_cooperativabarco_vinosbarco_vendimis (4)

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde mediante a cal se establecen as bases reguladoras para as achegas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia, dotadas cun orzamento de 4.000.000 de euros. Estas axudas teñen como finalidade incrementar a competitividade das explotacións vitícolas, adaptar o cultivo do viñedo ao cambio climático e facelo ambientalmente máis sustentable. 

A reconversión do viñedo é unha ferramenta estratéxica para a nosa comunidade. Estas achegas baséanse na reconversión varietal, para que aquelas explotacións con viñas antigas poidan substituílas por variedades autóctonas, máis resistentes ás condicións climáticas e que produzan viños de maior calidade e máis demandados no mercado. 

Neste sentido, con estas axudas búscase perfeccionar o cultivo da vide en Galicia para reducir custos e orientarse mellor aos diferentes mercados, potenciando o grao de profesionalización cos conseguintes beneficios económicos para este tipo de explotacións, ao tempo que se promove a remuda xeracional.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas achegas as persoas viticultoras —ou futuras—, cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación e que cumpran coa normativa vixente en materia de plantación de viñedo. A superficie total para as solicitudes que se presenten de forma individual serán de 0,2 hectáreas e de 1 hectárea para aquelas que se presenten de xeito colectivo. 

Serán subvencionables as actuacións relacionadas coa replantación con ou sen sistema de condución, a reconversión de viñedos por cambios de variedade, á mellora de técnicas de xestión e a replantación de viñedos. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 26 de abril.  

Catro millóns de euros para a reconversión de viñedos