viernes. 29.03.2024

Neste venres 29 de outubro e só a un día para celebrar a noite dos mortos os colexios e institutos das nosas comarcas  realizaron un nutrido número de actividades na que os disfraces foron os protagonistas.

Ceip Eduardo Ávila Bustillo da Veiga

No colexio da Veiga fixeron un desfile de disfraces, taller de cociña de froitas terroríficas, xogos de magosto, concurso de cabaciñas e a obra de teatro “A fraga encantada”.

somoscomarca_aveiga_colexio_comidasterrorificas_colegio_samain_2021 (16)Comidas Terroríficas no Alvaro Bustillo da Veiga

Ceip Manuel Respino da Rúa

Susana, coordinadora del Departamento de Dinamización da Lingua Galega, actividades  complementarias extraescolares, biblioteca  e tics do Manuel Repino da Rúa celebraron o Samaín con terroríficas actividades cumprindo sempre coas medidas hixiénico sanitarias marcadas polas restricións Covid. Os profesores e alumnos puideron acudir ao centro con disfraces terroríficos, un fotocall á entrada do colexio permitiu inmortalizar o momento. Tamén houbo xogos interactivos do tipo «Onde está wally?» que se colocaron nun mural á entrada do centro. Nas aulas léronse contos  relacionados coa temática ´e fixéronse audiocontos  protagonizados polos propios nenos e que se colgaron na páxina do colexio.

somoscomarca_arua_manuel respino_samain_2021 (1)

Realizáronse  diferentes actividades de aula relacionadas coa temática do Samaín así como actividades variadas. As familias colaboraron na decoración de cabazas e elaboración de receitas «terroríficas de Samaín»

IES Carlos Casares de Viana

Aquí a biblioteca foi a protagonista. Un vídeo no que participaron alumnos e o equipo de Dinamización Lingüística  invita a lectura unha biblioteca que se transforma coa decoración de Samaín.

somoscomarca_viana_decoracion_iesCarloscasares_samain_2021 (2)

Gardería de Vilariño de Conso

Os nenos viñeron disfrazados da casa pero na gardería engadíronse pequenos detalles a súa vestimenta. Durante toda a semana de Samaín fixéronse actividades coma decorar as cabazas e pintalas. Tamén fixeron unha pequena festa de chuches que como sinala  Yoli aproveitárona para celebrar o cumpleaños da súa compañeira.

somoscomarca_vilariño_pai_samain_2021

IES Julio Gurriarán

«Tivemos contacontos de medo, baile de monstros/ as, decoración terrorífica tanto exterior como interior, programa de radio escolar  Especial  Samain con concurso de  relatos de  terror creados polos  propios alumnos/ as . Tamén realizaron manualidades e ambientación Halloween toda a semana.

https://youtu.be/TdiXZ4IYtBc

somoscomarca_obarco_juliogurriaran_samain_2021 (23)

E como sempre, o tradicional Certame de Cabazas  decoradas que foi en liña por segundo ano debido aos protocolos  COVID, pero que volveu contar cunhas 200 cabazas en exposición decoradas polos alumnos/ as e que recollemos nun vídeo na nosa páxina de Facebook».

Ies Xermán Ancochea de Trives

No instituto de Trives  adiantaron o magosto e fixérono coincidir co Samaín. Celebrouse o día  con campionatos de bádminton, brilé e castañas. «intentouse evitar os deportes de contacto por iso se elixiron estas dúas actividades», sinala Francisco García, director do IES. As castañas coméronse nun espazo onde os estudantes puideron  gardar as distancias e había moita ventilación.

somoscomarca_trives_xermanancochea_samain_2021 (9)

Colexio Diocesán Pablo Vi Fátima

No colexio relixioso da Rúa celebraron o Holywin adicándollo ao Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras. O Holywin ou os santos gañan é un xeito de celebrar unha festividade pagan imprimíndolle relixiosidade. Houbo dous Holywins, no Pablo VI, coordinado por Marina e na gardería, coordinada por Raquel y Gloria.

somoscomarca_arua_colegiopablovi_guarderiafatima_holywin_2021 (11)

Samaín ou Halloween? O caso é disfrazarse