
Celso Delgado, Avelino García, Miguel Ángel Viso e Carmen Leyte se achegaron ata Valdeorras para reunirse con diversos sectores produtivos
Os candidatos do Partido Popular de Ourense ás eleccións xerais do 10 de novembro visitaron a comarca de Valdeorras, nunha axenda de traballo que incluíu diversos encontros cos representantes de sectores produtivos como o sector vitivinícola e da lousa, ademais de interesarse por as infraestruturas terrestres e ferroviarias.
Os membros das candidaturas populares ao Congreso –Celso Delgado e Avelino García- e ao Senado –Miguel Ángel Viso e Carmen Leyte, acompañados por representantes municipiais de A Rúa, O Barco, Carballeda de Valdeorras e Vilamartín visitaron a Cooperativa Virxe das Viñas, de A Rúa. Aiquí recordaron o compromiso do PP co viño, un sector que xenera riqueza no rural, indicaron, para destacar iniciativas no eido do enoturismo como a que desenvolve a Ruta do Viño de Valdeorras.
Na cooperativa, os representantes «populares» foron informados das estratexias que se están a seguir para potenciar unha produción de calidade, falando mesmo do «Brexit» debido ás consecuencias que podería ter na exportación do viño. Os candidatos aseguraron que seguirán a vixiar de preto todos aqueles aspectos que lles afectan, con especial atención ás negociacións do Goberno central coa Unión Europea sobre a PAC.
Posteriormente, desplazáronse ata Carballeda. Na sede do Clúster da lousa mantiveron unha reunión cos empresarios. Os candidatos constataron a enorme importancia deste sector, que segundo un estudo publicado en xaneiro de 2019 polo Instituto Galego de Estatística (IGE), dende ista comarca se xenera o 38,6 % do Valor Engadido Bruto (VEB) do sector mineiro. De feito, 9 de cada 10 euros proceden deste sector na provincia ourensá, mentres que 26 % do PIB de Valdeorras provén do sector da minaría.
Alí comprobaron a aposta pola innovación e a internacionalización que está a facer a lousa galega por todo o mundo, onde o 95 % da produción está destinada á exportación en tres mercados principais: Francia, Reino Unido e Alemaña. O sector estase a expandir por outros mercados como os países nórdicos, Estados Unidos, Australia ou Rusia.
Os candidatos recibiron información por parte dos empresarios da lousa sobre os problemas ambientais, laborais, urbanísticos e de fiscalidade que lles afectan, comprometéndose a buscar solucións no ámbito da Cortes Xerais.
Os candidatos lembraron tamén todas as xestións que levan facendo pola A-76 —Ponferrada-Ourense— criticando que aínda estea sen licitar o tramo A Veiga de Cascallá-O Barco.
Expricaron que o Ministerio de Fomento —nuha resposta aos deputados do PP— aseguraba en xullo de 2019 que «tiña previsto someter á maior brevidade ao preceptivo trámite de información oficial e pública o enlace de acceso a Biobra, incluído no proxecto do tramo da autovía A-76». A día de hoxe, este trámite está sen cumprir, apuntaron.
E criticaron a demora na licitación das obras do tramo Villamartín de la Abadía-Requejo. Fomento, —tamén nunha resposta aos deputados «populares»— aseguraba en xullo de 2019 que estaba priorizando os traballos deste tramo, para o que era preciso «completar e aprobar o proxecto de construción correspondente que se atopa en fase de redacción». Con data 13 de febreiro de 2019 fora aprobado o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado.
Os «populares» se pronunciaron sobre Valdeorras-Viana-A Gudiña —OU-533—. Reivindicaron de novo a importancia de mellorar o trazado e as prestacións da estrada OU-533, de modo que conte coas características axeitadas para comunicar a futura autovía A-76 desde Valdeorras coa autovía A-52 e coa nova estación de AVE na Gudiña.
Na estación de tren de A Rúa, os candidatos amosaron a súa preocupación polas probas que está realizando Renfe na liña Galicia-Barcelona, co obxectivo de substituír tanto as locomotoras como os vagóns do tren-hotel por modelos máis vellos, máis lentos e de inferior calidade que xa sufriron avarías, cos consecuentes retrasos para os usuarios.
Por ese motivo, xa foron presentadas iniciativas no Parlamento galego. «Non se pode permitir que as liñas que pasan por Valdeorras sexan o desguace de Renfe», destacaron, onde se reutilizan as máquinas e vagóns que non queren noutras partes de España, engadiron.
Os cambios que agora se están a probar suporían que o tren-hotel nocturno que une Lugo e Monforte, por Valdeorras, con Barcelona pasase a circular con locomotoras de mercadorías. Unha modificación que, segundo afirmaron os «populares», elevaría o tempo de viaxe nunhas dúas horas adicionais. Tamén se substituirían os actuais vagóns por outros dun modelo Talgo máis antigo e menos confortables para o viaxeiro.