martes. 24.06.2025

O PPdeG reclama a ADIF unha data «para retomar a conexión entre Monforte e Ourense»

Deputados populares rexistraron unha ducia de preguntas no Congreso dirixidas ao Goberno por unhas obras que «acumulan un retraso superior a un ano»

somoscomarca_240704_tren_via_ospeares_arreglovia_ferrocarril (4)
O PPdeG reclama a ADIF unha data «para retomar a conexión entre Monforte e Ourense».

Deputados ourensáns e lucenses do PPdeG no Congreso reclaman a ADIF unha data certa para retomar a circulación dos servizos ferroviarios na liña 810 entre Ourense e Monforte de Lemos.

Nun comunicado de prensa, explican os populares que «as circulacións están suspendidas dende outono de 2022 e que ADIF xa incumpriu varios prazos de apertura». Solicitan deste xeito a ADIF «información sobre os retrasos de execución de once dos contratos desta liña, que están tamén lastrando as comunicacións coa comarca de Valdeorras». 

Os deputados populares ourensáns Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, e os lucenses Francisco Conde, Jaime de Olano e Cristina Abades, rexistraron no Congreso unha ducia de preguntas dirixidas ao Goberno, das que agardan «obter resposta por escrito, referidas á situación das obras na liña ferroviaria 810 entre Ourense e Monforte de Lemos».

somoscomarca_240704_tren_via_ospeares_arreglovia_ferrocarril (3)

Unhas obras que, segundo o comunicado do PPdeG, «acumulan un retraso superior a un ano e que están tamén lastrando as comunicacións coa comarca de Valdeorras». A principal pregunta presentada é «¿Después de varios incumplimientos de plazos qué fecha compromete ADIF para que se pueda retomar la circulación de los servicios ferroviarios en la línea 810 entre Ourense y Monforte de Lemos?».

Nas restantes once preguntas, os deputados interésanse pola situación de execución e cumprimento de prazos dos diferentes contratos adxudicados por ADIF na citada liña 810 referidos a obras como: tratamento de andenes e cruces entre andenes nas estacións; tratamento de elementos da infraestrutura (pontes e explanacións); renovación de vía; mellora das instalacións de sinalización e telecomunicacions; entre outras.

O PPdeG reclama a ADIF unha data «para retomar a conexión entre Monforte e Ourense»