Continúa a vacinación contra a gripe e o covid-19. O próximo 7 de outubro, será a quenda dos máis pequenos, dende os seis meses até os cinco anos. Momento no que se espera inmunizar a un total de «600 nenos», desta maneira o valora Josefa Rodríguez, directora de enfermaría da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Dende fai catro anos realízanse este tipo de chamamentos a toda a poboación e nesta campaña existe unha novidade, a vacina intranasal. Este é un dispositivo que se introduce en ambas as fosas nasais para administrar a metade da dose en cada unha delas. O principal obxectivo de este novo sistema é «diminuír os medos».
O inicio da campaña de vacinación
A campaña de vacinación comezou o 23 de setembro nas residencias socio-sanitarias. Rodríguez valora positivamente esta primeira semana, na que se acudiron a «10 ou 15 centros, pretendemos rematar esta semana». Con este bo ritmo de traballo, a directora de enfermaría asegura que: «Estamos encantados».
Neste senso é «moi importante» que os traballadores destes centros se vacinen. «Se non o fan, as posibilidades de infección aumenta», matiza a directora. Ademais, puntualiza que «todos debemos facer este exercicio de xenerosidade».
A campaña finalizará o vindeiro 31 de decembro e centrarase nas persoas que por algún motivo non puideran vacinarse durante o período estipulado.
Josefa Rodríguez aproveita para dar «as grazas». «En Valdeorras temos a Gemma e Carla, ademais de moitos profesionais. Todos que fan que isto sexa posible», conclúe.
Foto cedida