miércoles. 16.10.2024
somos comarca_sanjulian_animales_manolo_cabras_vacas_terneros_ovejas_gatos_gallos_perros_2022 (20)

Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) continúa sendo protagonista nas diferentes explotacións gandeiras da zona de Ourense, concretamente en Valdeorras e Viana do Bolo. 

Ábrese un novo capítulo co anuncio de axudas por parte da consellería de Medio Rural. O apoio da Xunta, que ten un importe de 5,6 millóns de euros, farase efectivo tras a fin da actividade do mosquito transmisor.

Estímase que a incidencia descenda a mediados de novembro coa baixada das temperaturas. Os fondos —cofinanciados polo Ministerio de Agricultura— poderán chegar a todas as explotacións afectadas, incluídas as do ano 2023.

María José Gómez, conselleira de Medio Rural, recordou que Galicia foi pioneira en habilitar a indemnización polos animais falecidos, unha medida coa que a Xunta aboou máis de 200.000 euros.

Tras este anuncio, o Sindicato Labrego Galego avanzou, mediante unha nota de prensa, que: «As axudas non abarcan nin gastos veterinarios, abortos ou baixadas de produción». Ao que engaden: «Os gastos veterinarios concrétanse en 20 euros por animal censado e non inclúe os positivos non obtidos con probas de sangrado». 

A Enfermidade Hemorráxica Epizoótica chegou á Deputación

O pasado 27 de setembro celebrábase o pleno ordinario da Deputación de Ourense. Unha das mocións presentadas polo Grupo Provincial Socialista tiña como protagonista esta enfermidade. 

«Estamos sufrindo unha situación moi grave», subliñaba Aurentino Alonso, deputado provincial por Valdeorras, nunha entrevista previa. «Queremos demandar da consellería de Medio Rural a inmediata posta en marcha dun plan de axudas», explicaba.

A maiores, solicitaron a Deputación «a posta en marcha dun programa de cooperación dirixido ao sector». O principal obxectivo é «garantir a súa estabilidade mentres non se activen os subsidios autonómicos e estatais». 

A situación das ganderías afectadas pola Enfermidade Hemorráxica Epizoótica inicia un...