domingo. 08.06.2025

Éntoma e Roblido sacaron a San Xoán en procesión cos termómetros a piques de derreter

A parroquia de Roblido, na Rúa e a de Éntoma, no Barco celebraron o día do patrón San Xoán con misa e procesión

Mañá calurosa, na que os térmómetros pasaban dos 35ºC e se facía difícil até respirar pero aos veciños destas dúas poboacións valdeorresas non lles importou e subiron aos santos e santas ao hombreiro para que procesionara polas rúas.

Son varias as parroquias dos concellos de Valdeorras, Terras de Trives e Viana que celebran hoxe o San Xoán. Somos Comarca foi as celebracións relixiosas de Entoma, no Barco e Roblido na Rúa —onte a noite se cadra recorremos mais «capelas» pero doutro xeito e non precisamente relixiosas—.

Éntoma rendía culto ao seu patrón San Xoán con unha primeira comuñón incluída, por iso a procesión que adoita ser antes da misa neste caso foi ao revés e celebrouse ao remate da mesma.

Saíron os fieis pola porta lateral coroada por una Cruz de Malta para percorrer ás rúas da localidade entre o son das bombas de palenque que cada veciño lle ofrece ao santo. Onte nesta aldea celebrábase a noite de San Xoán cunha sardiñada e a música dun DJ.

Roblido ao igual que Éntoma ten por patrón a San Xoán por iso tamén celebraron a misa na honra do santo. Neste caso a procesión que até o de agora adoita ser despois da misa foi antes e estivo amenizada polo son das gaitas e tambolires da agrupaciób Abertal da Rúa.

Esta noite Roblido xuntará aos veciños en torno a unha mesa, na cea que terá lugar nunha das prazas da aldea, preto da igrexa. O menú estará composto por empanada, pulpo con cachelos, postre, bebida e chupito. Ao remate actuación do grupo Os Piñeiros.

Éntoma e Roblido sacaron a San Xoán en procesión cos termómetros a piques de derreter