sábado. 07.06.2025

San Xoán, a primeira festa do verán chegou a Valdeorras con moita festa

Viloira, Éntoma, Vilamartín, a Asociación de Amas de Casa do Teixadal, A Rúa Vella, A Veiga, Viana do Bolo ou San Xoán de Río celebraron o San Xoán untando a sardiña no pan e trouleando

A festa do San Xoán é a primeira do verán, a noite máis máxica do ano na que se espantan os malos espíritos e se purifica a alma. Saltar o lume das fogueiras, comer sardiñas, facer a queimada co seu correspondente conxuro, lavar a cara co ramo de San Xoán, son algunhas das tradicións que ano tras ano, xeración tras xeración se van cumprindo.

Aos ritos de sempre únense actividades máis modernas como comer churrasco nunha terraza, paella no campo da festa, panceta na barbacoa  ou chourizos ao espeto. Tamén realizar andainas e, coma non, por na festa un dj ou una charanga.

Queimada no Barco:

Foron moitas as celebracións que se levaron a cabo na comarca o común de todas elas as sardiñadas. Viloira, Éntoma, Vilamartín, a Asociación de Amas de Casa do Teixadal, A Rúa Vella, A Veiga ou San Xoán de Río celebraron o San Xoán untando a sardiña no pan. En Roblido (A Rúa) a cena de San Xoán realizarase hoxe, na praza onde se reunirán os veciños.

Sardiñada en Vilamartín:

A queimada estivo presente no casco vello do Barco onde a Tapería Agarimo invitou a un dos seus veciños máis insignes, o presidente do Instituto de Estudios valdeorreses, Aurelio Blanco Trincado, a facer o conxuro. A calle Oscura —rúa San Mauro— cortouse ao tráfico e nela reuníronese ao redor de 200 persoas que consumiron 25 quilos de sardiña​s.

A media noite vertíase a augardente na pota de barro e logo de agregarlle o azucre, cáscara de limón e pebidas de café; prendeuse o lume. Mentres un dos presentes removía co cucharón a mestura e esta se avivaba, Trincado recitaba o conxuro para espantar as meigas e lograr a protección fronte aos malos espíritos.

Paella na Rúa Vella:

Aquí moito non se estila pero, dende hai uns anos importouse a tradición da zona da costa, do ramo de San Xoán. O ritual consiste en deixar de remollo toda a noite as plantas que o compoñen e pola mañá lavarse a cara con esa auga.

O ramo segundo a quen se lle pregunte leva unhas plantas ou outras, pero non faltan as de toda a vida: herba luisa, eucalipto, malva, romeiro, fiúncho, xesta e até rosas.

Parabéns a todos os Xoán e que se afasten os malos espíritos das nosas vidas.

San Xoán, a primeira festa do verán chegou a Valdeorras con moita festa