martes. 03.06.2025

Convocadas as axudas para compensar os danos causados polo lobo e xabaril

Están dotadas cun orzamento global de 2,06 millóns de euros que se poderán solicitar a partir do 18 de xaneiro
Xunta de Galicia convoca as axudas para paliar os danos que provocan o lobo e o xabaril sobre o sector agrogandeiro

A Xunta de Galicia convoca as axudas para paliar os danos que provocan o lobo e o xabaril sobre o sector agrogandeiro, dotadas dun orzamento global de 2,06 millóns de euros. Estes incentivos poderán solicitarse a partir do 18 de xaneiro.

Con carácter xeral, as contías das axudas variarán en función das especies afectadas e da súa idade, oscilando entre os 37,7 euros dun exemplar de gando ovino/cabrún adulto de 6 anos ou máis e os 2.598,7 euros dunha res bovina de raza autóctona de entre 2 e 6 anos. En todo caso, estes importes calcularanse en base ao baremo establecido na propia orde, pudendo incrementarse nun 10% no caso daquelas explotacións nas que se teña comprobada a aplicación de medidas preventivas de xeito favorable.

A orde recolle tamén a posibilidade de sufragar os gastos veterinarios das reses que resulten feridas; os gastos de eutanasia acreditados, de ser necesaria esta medida; e os abortos que sufran as reses, como consecuencia do acto de depredación.

Esta convocatoria inclúe un importe adicional, en concepto de lucro cesante, para o gando bovino e ovino-cabrún reprodutor de carne e leite (femias), que oscilará entre os 9,1 euros (no caso dunha cabra femia adulta de entre 1 e 6 anos) e os 1.803,1 euros (para vacas de entre 2 e 6 anos).

Convocadas as axudas para compensar os danos causados polo lobo e xabaril