
O CCA do Barco cerra o ano con cambios e moitas actividades. Nestes 12 meses fixéronse todas as actividades que son estándares durante o ano. O día do pai e da nai, a pasarela, os mallos ou o San Maín, entre algunhas outras festividades.
«Por exemplo, no Nadal, o Concello propúxonos traer un tiovivo e nos aceptamos. A verdade é que está bastante ben e a xente está contenta. Tamén fixemos moitos talleres para os nenos e nenas», explica Jacobo Arias, presidente da asociación.
Por estas mesmas datas crearon tiñan pensado sortear unha cesta: «Cada socio donou un regalo para creala. O que aconteceu e que era demasiado grande, tiña moitos regalos, entón decidimos dividila. O que facemos é un sorteo de catro cestas», aclara Arias.
¿Que conteñen as cestas?
- Vale de 425 € máis regalos
- Vale de 120 € e regalos
- As dúas últimas conteñen exclusivamente regalos.
O sorteo das cestas: «Todas as persoas que están comprando nos locais asociados danlle un ticket de compra, non hai gasto mínimo, por detrás ponse o nome e o teléfono», explica Jacobo Arias. O sorteo ía ter lugar o 22 de decembro, pero segundo di o propio presidente: «Ao final como moitas persoas collían vacacións o día 22, decidimos alargalo ata os Reis».
Esta iniciativa foi ben acollida pola xente, entón esperan facela moitos anos máis.
Os cambios do 2023
Neste ano viviron a separación con AEVA. «Foi unhas cousas entre ambas as asociacións que non chegaron ao seu e seu destino e tivemos que tomar esa decisión. Por consecuente fómonos da oficina que compartíamos con eles e agora o Concello deunos unha oficina no viveiro de empresas», aclara Arias.

Sumado a isto, tamén houbo un cambio de xerente. «María, foi a recente incorporación, empezou no momento máis forte para nós, na campaña de San Maín. Despois en novembro preséntanse as subvencións e despois a campaña de Nadal», valora o presidente.

Chega o 2024
«No 2024 vamos seguir cas campañas fixas de todos os anos, por exemplo, o día do pai e da nai, a pasarela, os mallos, entre outras», explica Arias.
O que si se fará é intentar cambialas un pouco, «porque se non e algo aburrido», asegura o presidente do CCA O Barco. Ó que engade: «Preténdese seguir cas campañas por sectores como xa fixeramos. Son moi sinxelas, porque o final os clientes de eses sitios co vale de compran optan a un bono ou a algo en concreto na tenda», asegura Jacobo Arias.
Isto é o que hai planeado na asociación para este ano novo ano. Aínda que, «se nos xorde algo farémolo, como o túnel do terror que tamén queremos intentar facelo para o ano que ben», conclúe Arias.