
A variedade,potencial da D. O. Valdeorras, chega ó seu récord histórico de superficie
cultivada
A superficie de vide de godello cultivada na comarca bate cifras récord. Á espera de pechar as cifras, este ano vendimaranse arredor dunhas 479 hectáreas, segundo datos do Consello Regulador da D. O. Valdeorras.
A chave do éxito desta uva autóctona está no equilibrio.
«É unha das variedades con maior potencial e equilibrio entre as variedades
galegas», asegura Santiago Pérez, técnico do Consello Regulador. «Quen proba
Godello xa non quere outra variedade».
Mostra diso é o desembarco de grandes empresas,
así como a acelerada expansión internacional dos caldos de godello. Á
medranza das exportacións (que se sitúan arredor do 21% da produción) súmanse
os numerosos recoñecementos arredor do globo.
Con vistas ó futuro, Santiago Pérez insiste en
que «ó que temos que chegar é a que este mercado se regule», incidindo na exclusividade.
«Dicir que es exclusivo con 130 millóns de algo é difícil», polo que comenta
que están a impoñer cotas.
A uva de godello é unha uva autóctona, pero que tras unha epidemia de filoxeira a finais do século XIX quedou practicamente desbotada. En 1885, José Ramón Gayoso, viticultor de Vilamartín, decidiu apostar por ela.
Nos últimos anos recuperouse e converteuse no principal potencial da Denominación de Orixe Valdeorras. O Consello vixía ben de preto o proceso produtivo; non se pode mesturar con outras variedades. «Godello si, pero godello de Valdeorras», sentencia Pérez.
Se queres escoitar a entrevista a Santiago Pérez esta mañá en Radio Valdeorras, preme na seguinte ligazón:
Texto: Isaac cruz
Fotografía: Enrique Plaza