miércoles. 11.06.2025

Máis de 300.000 euros para a mellora e conservación da Ponte Nova de Sobradelo

Entre outras actuacións, limparanse os paramentos, substituirase o pavimento mellorando o acceso peonil e porase en valor cun novo sistema de iluminación exterior
somoscomarca_sobradelo_puente_dron_2022 (11)
Máis de 300.000 euros para a mellora e conservación da Ponte Nova de Sobradelo

O Consello da Xunta autorizou hoxe un convenio de colaboración co Concello de Carballeda de Valdeorras para a conservación e recuperación da Ponte Nova de Sobradelo.  O Goberno autonómico sufragará o 100 % do investimento para estas actuacións por máis de 316.000 euros.

A  infraestrutura que formaba parte do antigo Camiño Real entre O Bierzo a Galicia está protexida polo seu valor cultural. Cunha antigüidade de cerca de  350 anos, ten unha lonxitude de 100 metros e unha anchura de calzada de algo menos de 5 metros.

somoscomarca_sobradelo_puente_2022 (1)
POnte Nova de Sobradelo vista desde a marxe esquerda do Sil

As obras de conservación e recuperación da ponte consistirán na limpeza da vexetación, así como na restauración das fábricas en áreas puntuais —selaxe de buracos existentes nalgunhas zonas e xuntas—.  Tamén se substituirá o pavimento de aglomerado asfáltico no encontro cos beirís por outro de lastra de pedra que permitirá separar o tráfico rodado do de peóns.

somoscomarca_sobradelo_pontenova_reforma_2022 (1)

Por outra banda, coa intención de dignificar a Ponte Nova de Sobradelo sustituirase a iluminación exterior por outra máis adecuada, tanto nos paramentos exteriores, como nos arcos e na calzada superior, eliminando a instalación actual obsoleta.

somoscomarca_sobradelo_pontenova_reforma_2022 (2)

Por en valor o patrimonio

Con estas actuacións, a Xunta dá resposta ao seu compromiso por contribuír á posta en valor do patrimonio galego do rural. A Ponte Nova de Sobradelo pertence ao Catálogo do patrimonio cultural de Galicia. A súa configuración actual ten arredor de 350 anos tras unha remodelación realizada sobre unha ponte anterior do século XIX, aínda que se ten constancia de que a súa construción inicial foi a mediados do século XVII.

somoscomarca_sobradelo_pontenova_reforma_2022 (3)

Dá entrada ao núcleo da vila, que está atravesado polo río Sil e unha lonxitude de 100 metros e unha anchura de calzada de algo menos de 5 metros de pavimento asfáltico. Está realizada en pedra e consta de sete arcos e seis pías que o sosteñen.

Obras de humanización no entorno da Ponte Nova

O pasado agosto comezaban as obras de humanización na contorna da Ponte Nova de Sobradelo. Esta estructura histórica, e principal emblema do concello, estase a someter a unha obra que afecta a dúas das súas pías. O obxetivo do Concello de Carballeda, quen asume de forma integra o custe da actuación, é recuperar estos dous arcos que se foron rechendo co paso dos anos.

somoscomarca_sobradelo_alen_malecon_concello_visita_mariadelcarmengonzalez_2022_05_04 (2)
O delegado da Xunta, Gabriel Alén, visitaba as obras de remodelación o pasado maio

Na visita a Valdeorras, realizada o pasado 4 de maio polo delgado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, para seguir avanzando en diferentes puntos relacionados co Camiño de Inverno neste ano Xacobeo 2021-2022, interesouse polas obras que se están a realizar no Malecón de Sobradelo. Foi a propia alcaldesa, María del Carmen González quen lle explicou polo miúdo o que se estaba a facer,

Máis de 300.000 euros para a mellora e conservación da Ponte Nova de Sobradelo