
Esta fin de semana do 15 e 16 de xuño únese a celebración do Día da Montaña Galega co vixésimo segundo aniversario da "aperta a Trevinca". Con este motivo está programado un conxunto de actividades, organizadas polo clube de montañismo Montañas de Trevinca e polo Concello da Veiga.
«Pretendemos con este programa posicionar a montaña galega nun recoñecemento que lle debemos todos os galegos. E farémolo dende a montaña símbolo de toda Galicia: Pena Trevinca». Así resumía o obxectivo Cholo Fernández, presidente do clube Montañas de Trevinca.
Preto de 50 persoas van participar nas conferencias, mesas redondas, xantares e roteiros, «un grupo moi bo de persoas interesadas en poñer en valor a montaña». Cholo Fernández quixo animar deste xeito a todos os que dubiden «a que se acheguen, porque a montaña é aire limpo, auga limpa, é beleza, tranquilidade, sanación, cultura, conversa de interior e ten historia».
Case emocionado afirmaba Fernández: «A montaña ten vida e dá vida. E os galegos deberíamos comprender todo isto porque vivimos nun territorio eminentemente montañoso, e temos que amalo».
O programa de actividades comezará ás 10:45 horas de hoxe, sábado 15 de xuño, e extenderase até as 18:00 horas de mañá. Baixo estas liñas están os detalles:
Hoxe, sábado: 15 de xuño
- 10:45h XXII Anos dunha “Aperta a Trevinca” Antonio Fernández (Cholo), presidente do Club de Montañismo Montañas de Trevinca
- 11:30 h Filosofía e Montaña César Manuel Fernández Gi, vicepresidente da Deputación de Ourense
- 12:15 h Pausa café
- 12:45 h As Montañas de Trevinca: territorios, paisaxes, ambientes Valerà Paül Carril – Profesor de Xeografía, USC
- 13:45 h Mesa redonda: Montañas de Trevinca, Patrimonio natural y cultural Juan Anta, Cesar Fernández, Valerià Paül, Antonio Fdez. (Cholo)
- 15:00 h Xantar
- 17:00 h A Montaña e o Montañismo Sebastián Álvaro Lomba – Montañeiro, aventureiro, escritor
- 18:00 h Visita a aldea de A Ponte
- 20:30 h Centro Astronómico de Trevinca (A Veiga) onde se nos falará dos ceos de aquí de Trevinca, Por Óscar Blanco
- 22:00 h Pincho nun local de A Veiga
Mañá, domingo: 16 de xuño
- 09:00 h Saída de Vilanova (Comezo das rutas de montaña) cun percorrido polo Pico Maluro e Crestón do Lombo do Rocín ata Pena Trevinca
- 13:30 h Xuntanza có club Peña Trevinca-Barco e Acto de Homenaxe a Montaña Galega cun acto de “Aperta a Trevinca” ca presenza de Sebastián Álvaro Lomba.
- 14:00 h Regreso polo Sextil Alto ata o pontón de Meladas, pasando polo miradoiro e conxunto glaciar de A Ponte ata a aldea de Vilanova
- 18:00 h Clausura da actividade e despedida dos participantes
Pode escoitar a entrevista completa no seguinte enlace de audio: