
O Concello da Veiga convoca por segundo ano consecutivo o II Concurso de Fotografía Destino Turístico Starlight Trevinca, adicado á fotografía de paisaxe natural e humano relacionado co Concello, que ten como finalidade a posta en valor e coñecemento das características tanto do patrimonio tanxíbel como intanxíbel presente nas particularidades do territorio.
Poderanse presentar todas aquelas persoas que o desexen. Os temas versarán sobre a paisaxe natural e debe recoñecerse con claridade a presenza do Concello da Veiga xa sexa a través de espazos, localizacións e características ou simboloxías de Concello. Este concurso só aceptará un máximo de tres fotografías por participante, que deben estar tomadas no ano 2017 en cor ou branco e negro con máquina analóxica ou dixital.
Premios
1º Premio 200€
2ºpremio 100€
3ºPremio 50€
4º premio 100€
- O cuarto premio terá a consideración especial Destino Turístico Starlight Trevinca que se concederá a mellor fotografía nocturna.
Criterios que serán tidos en conta
- Captación do espazo tempo da paisaxe.
- Carácter artístico da paisaxe.
- Calidade técnica fotográfica .
Forma de presentalas fotografías
As fotografías presentaranse en forma de plica de dúas formas seguindo as bases publicadas
- -Nun CD en sobre grande cerrado onde se escribirá exclusivamente II Concurso de fotografía Destino Turístico Starlight e un pseudónimo elixido polo autor.
- Enviar un correo [email protected] todos os arquivos incluídos no CD nunha soa carpeta.
(Véxase bases expostas no taboleiro do Concello)
Prazo de presentación
Dende a publicación das bases ata o 18 de Decembro ambos inclusive
Actuarán como xurado tres profesionais de relevancia adicados á fotografía que teñen unha especial vinculación co territorio e a súa promoción turística.Logo do éxito acadado o ano pasado, este Concello anima a todas aquelas persoas interesadas a participar.