viernes. 29.03.2024


O Concello busca recuperar o uso das terras agrarias abandonadas e contribuir ao mantemento dunha comunidade rural viable

Igual que fixera coa marca Mel Montañas de Trevinca, o Concello da Veiga iniciou o proxecto Faba Loba das Montañas de Trevinca, co obxectivo de desenrolar unha actividade económica continuada e diversificada no medio rural e implementar políticas e estratexias de desarrollo económico sostible no termo municipal da Veiga que reforcen o papel dos emprendedores. A administración local debe aplicar unha política de «necesidades» que contribúan a xeración de emprego mantendo os usos tradicionais e incentivando a agroindustria así como a promoción dos produtos locais.

Dende o Concello queren «recuperar o uso das terras agrarias abandonadas e contribuir ao mantemento dunha comunidade rural viable baseada na producción, posta en valor, comercialización e mellora das variedades locais de Phaseolus Coccineus - Xudías Escarlata ou Xudía de España - e dos saberes agrarios ancestrais, transmitidos de xeración en xeración, que chegan aos nosos días gracias aos gardiáns de sementes locais, persoas que co seu bo facer e dedicación, souberon seleccionar e conservar ás variedades mellor adaptadas á veiga do río Xares e que poderán constituir unha fonte de emprego para as xeracións actuais e futuras».

Fabas Lobas de la especie Phaseolus Coccineus.

Asegura o alcalde do municipio, Juan Anta, que «so se farán plantacións ca faba autóctona do noso territorio e que gracias a colaboración dos veciños, se mantiñan a día de hoxe, aos que agradecemos a súa colaboración entregando as súas fabas para a posta en marcha da iniciativa».

Dende o Concello facilitaranse as fabas para iniciar a actividade, creará a marca, aprobará o regulamento do proceso de producción e comercialización da Faba Loba de Montañas de Trevinca, dotará o proxecto dunha persona especializada para o asesoramento permanente de todos os interesados así como de todos os medios materias e de infraestructura necesarios para a sua comercialización.

A finalidade do proxecto, según conta o seu alcalde, «é distinguir no mercado, garantindo a súa orixe da alta montaña galega; do espazo natural protexido, da ZEC (Zona de Especial Protección) e da ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) Pena Trevinca, da Rede Natura 2000, os produtos agroalimentarios destinados ao consumo humano, que producidos no termo municipal da Veiga, reúnen as condicións e compren os requisitos de máxima calidade necesarios según o regulamento que se aprobará no próximo pleno».

As persoas físicas ou xurídicas, empadroadas ou con domicilio social en A Veiga, interesadas no uso da marca Faba Loba das Montañas de Trevinca deberán solicitar a autorización, así coma para o uso das instalacións municipais creadas ao efecto. A producción deberá cumprir todos os requisitos de sembra ecolóxica e máximo coidado para que se comercialicen ca marca citada e nas instalacións referidas.

O produto amparado son xudías secas ou fabas separadas da vaina procedentes do género Phaseolus (Fabacceae), especie Phaseolus Coccineus, da variedade local coñecida coma Faba Loba, sans, enteiras, limpas e destinadas ao consumo humano procedentes das parcelas inscritas no rexistro único establecido no regulamento.

O valor internacional do cultivo de legumes foi recoñecido

pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamando o ano 2016 coma o Ano

Internacional dos legumes (A/RES/68/231) e instaurando o Día Mundial dos

Legumes, celebrado por primeira vez o 10 de febreiro de 2019, co obxectivo de

promover en todo o mundo este cultivo vital para a sostibilidade do planeta e a

economía das zonas rurais.

Co fin de facilitar a información a toda a poboación ábrese

o prazo para inscribirse no proxecto dende

o 1 de Abril o 12 de Abril do 2019. Dende o Concello anímase a todo o mundo

a participar neste proxecto dado que o seu éxito sempre será única e

exclusivamente pola súa colaboración.

O día 13 de abril ás 12:00 horas terá lugar na 1ª pranta do Centro de Desenvolvemento Rural, unha reunión informativa con todas as persoas interesadas onde se informará de todos os pasos a seguir.

Imágenes cedidas

A Veiga crea a marca «Faba Loba das Montañas de Trevinca»