jueves. 04.12.2025

A Rúa redroba esforzos para garantir a auga e pon en marcha unha intensa programación de Nadal

A alcaldesa sinala que, tras as fortes choivas e o incendio, lánzase unha limpeza urxente da captación de San Fiz mentres arranca a decoración e actividades para estas datas
somoscomarca_petin_sanfiz_2022_02_08
A Rúa redroba esforzos para garantir a auga e pon en marcha unha intensa programación de Nadal

Na vila de A Rúa, a preocupación polo abastecemento da auga mantén en alerta á corporación municipal. A alcaldesa, María González Albert, explicaba tras revisar as captacións que a situación na zona de San Fiz segue sendo crítica: «A captación en San Fiz está de lama, literalmente, sobrepasada».

As últimas choivas arrastraron lodos e cinsas, consecuencia dos incendios que afectaron a masa forestal das contornas, e eso xerou unha turbidez tal que levou ao Concello a activar un bombeo de emerxencia.

Con medios propios e co traballo constante do fontaneiro municipal, o goberno local insiste en revisar e limpar de inmediato as instalacións: «O fontaneiro municipal está a facer un traballo absolutamente excepcional para que non quedemos sen a agua na población», explica. Cos poucos medios propios que temos, e con moita vontade de todos os seus servizos municipais estamos intentando de que esto saia adiante pero con moitas ddificulatades como podedes imaxinar», engade.».

Este episodio súmase aos problemas acumulados durante 2025, que obrigaron a restrinxir o consumo de auga en certas zonas e incluso a distribuír auga embotellada aos veciños, tras detectar contaminación ou problemas de potabilización.

Pero desde a Alcaldía trasladan confianza e determinación: cos poucos recursos de que dispoñen e co compromiso do persoal municipal, aseguran querer evitar novos cortes e salvagardar o servizo de abastecemento para toda a poboación.

Un Nadal con actividades para todos os públicos

A crise da auga non deixa de ser unha das preocupacións actuais, mais iso non impide que o Concello de A Rúa encare as festas con optimismo e iniciativa. A municipalidade xa está a ultimar a decoración habitual das rúas, tarefa que asumirá a Asociación San Cristóbal coa axuda do Concello.

Paralelamente, desde esta mesma ponte arrinca un programa de eventos pensados para distintos públicos e realidades. Entre as actividades previstas destacan inchables no pavillón municipal para nenas e nenos durante toda a fin de semana. Tamén durante a ponte, programación de cine no Centro Cultural Avenida, teatro coa compañía galega "Fulano, Mengano e Citano" ou  concerto de Pablo Lesuit entre outras actividades.

O mércores na Biblioteca Municipal presentarase o libro sobre Mario de Langullo,  "O último maqui",  que reflexiona sobre a historia local. E para a fin de semana seguinte un campionato de petanca.

A alcaldesa animaba á veciñanza a participar lembrando que estas iniciativas buscan «atender a distintos públicos, a distintas realidades». En palabras súas: «Temos un decembro bastante completo».

A situación do abastecemento en A Rúa segue sendo complexa e dependente das condicións meteorolóxicas e dos restos dos incendios de verán. A captación de San Fiz, alternativa habitual en épocas de seca ou turbidez, volve estar en risco tras as últimas chuvias, e o Concello recoñece que as dificultades para garantir a potabilidade non son menores. Pero, malia todo, a alcaldesa García Albert quere transmitir o compromiso e o esforzo do persoal municipal, unidos á colaboración veciñal, son para ela a clave para superar este revés.

Sen as limpezas, o bombeo de emerxencia e as medidas adoptadas resultan eficazes, A Rúa podería normalizar o abastecemento para as festas; mentres tanto, a Administración local mantén contacto permanente coas administracións superiores para reclamar axudas estruturais que permitan reforzar a rede de captación e abastecemento.

Ao mesmo tempo, o arranque dunha programación navideña diversa e inclusiva éncheo todo de vida e confianza: actividades culturais, lúdicas e comunitarias pensadas para que toda a veciñanza —miúdos, persoas maiores, familias enteiras— atopen motivos para saír, compartir e celebralo xuntos.

A Rúa redroba esforzos para garantir a auga e pon en marcha unha intensa programación...