jueves. 28.03.2024

A Asociación Sociocultural San Cristobal da Rúa presentou onte o vídeo promocional de Enduro Valdeorras que se celebrará o vindeiro 2 de xuño

A primeira proba de enduro que se realiza na Rúa será o vindeiro 2 de Xuño. Nela homenaxearase o xove Anxo de Sousa —gran afeccionado ó mundo do motor que finou hai catro ano—. Os seus compañeiros  moteiros honraran a súa memoria facendo  ruxir unha vez máis os motores das motos.

A Asociación San Cristobal é a organizadora desta proba, a quinta da Liga Galega de Motos Cafés Candelas. Segundo as previsión, agárdase reunir a máis de 250 deportistas nesta competición de motos de campo.



Ademais da asociación, colabora na organización a agrupación Rúa Motor Valdeorras quen se encarga de facer o trazado do circuíto. A Asociación Memorial Anxo de Sousa aportará os bocadillos e bebida á chegada. Gaseosas Roca  dona as bebidas. Fisioval porá os profesionais da clínica ao servizo dos participantes e o Concello da Rúa cede o uso das instalacións do Aguillón.



Na proba puntúa para a Liga Galega de moto de campo, onde o Valdeorrés Jorge Paradelo vai primeiro. Haberá dúas cróonos: unha extrema e outra rápida que se realizaran no recinto do Aguillón ( A Rúa).

Afeccionados as motos ó carón da placa conmemorativa o mozo rués sita no barranco Rubio

En canto o circuíto, sairase das inmediacións do pavillón polideportivo do Aguillón para dirixirse cara o Barranco Rubio, pasando antes por Fontei e os viñedos do alto. Desde o Barranco Rubio tiraran até San Xulián e logo a Somoza para, volver até o pavillón onde o cabo de tres voltas rematará a proba.



Recordar que maña Ramiro Folla e Adrián Blanco desprázanse a Oporto (Portugal) para participar nunha das probas máis «duras» do enduro, como sinala Ramiro a este medio. Os pilotos valdeorreses participan na  XL Extreme Lagares. A carreira de tres días comeza o 11 de maio nas rúas de Oporto, para logo desenrolarse nos montes de Lagares e terá probas de endurocross, enduro urbano e enduro extremo.



Esta fin de semana, o barquense Jorge Paradelo, que ven de ser 3º na carreira do mundial de enduro en Portugal, participa en Santiago de Compostela nunha nova proba mundial do GP Enduro.

Parte do equipo Rúa Motor Valdeorras

Presentado nas redes sociais o vídeo que promociona a proba de Enduro de Valdeorras