
Chega outra das esperada citas nas festas gastronómicas da zona de Valdeorras, a Festa do Codillo, a festa gastronómica do Concello da Rúa, que se celebrará a último fin de semana deste mes de xaneiro.
Durante esta mañá de 17 de xaneiro, dende o concello convocábase os medios de comunicación para ofrecer todos os detalles de como será esta celebración. A este acto asistiu María Albert, alcaldesa do Concello; Luis Fernández Gudiña, tenente alcalde e Vicente Solarat López, concelleiro.
«É a décimo quinta edición, nestos números redondos é interesante darlle unha volta», comeza explicando a alcaldesa. Por iso, este ano, aínda que «sen perder a esencia», vanse facer novas actividades e traer algún que outro cambio no menú. Na parte principal do programa están os homenaxeados, dúas figuras que representaron e representará a vida cultural e social do municipio, esas persoas son Antolín e Ragar.
Unha das cousas que cambia é o prezo da entrada que este ano ascende ata os 25 €. «Facémolo pensando tamén en que se trata de unha comida, non de un servizo público. Polo tanto, queremos que sexa na medida do posible autofinanciado», explica María Albert.
«O menú vai incorporar un novo prato, sorbete de limón ao cava de Almendralejo e coa Torta de postre. Entón, efectivamente, isto cubre parte do custo do menú», explica Solarat. Aínda que a estas novas incorporacións débese que sumar o menú de sempre, —consomé con picatostes, codillo acompañado de grelos, chourizos e cachelos, bica, bebidas, café e licores—.
¿Como conseguir a entrada?
O esperado día será o 21 xaneiro. Comenzarase a repartir os tickets ás 8 da mañá no Centro Cultural Avenida, entón a venda será por orde de chegada a partir e iniciará ás 10:30h. «A xente pode quedar no Centro Cultural, ir tomar un café ou volver para casa. Non se nos ocorre unha venta mellor», asegura Solarat. Por persoa só se poderá adquirir 15 entradas, tendo a posibilidade de devolvelas ata o xoves 25 ás 14:15 horas.
Logo, haberá unha segunda quenda de lista de espera, tendo en conta esas posibles devolucións. «Esta nova venda, farase por rigoroso orde de lista que xa se fará o día 21», engade Solarat.
Dende o grupo de goberno, considerase que este é o método máis sinxelo, sobre todo, pensando nesa xente maior que poder ser que non «saiban andar cas tarxetas e todo iso», explica o concelleiro.
Estímase que se sacarán a venda unhas 1.000 entradas e tendo en conta as de protocolo prepararán 1.150 servizos. «Non vamos reservar mesas por debaixo de 6 persoas, todos aqueles que sexan 6 ou máis vanos dicir como queren que se chame a súa mesa e faremos o rótulo», di o concelleiro.
Programación máis aló do que é a propia comida
«Como sempre vai vir unha representación de Almendralejo, tamén vamos ter a recepción na Casa do Concello. Polas 12 da mañá farase, no Centro Cultural Avenida, o acto de entrega do recoñecemento ás persoas homenaxeadas», explica María Albert.
«Neste ámbito de celebración dos XV anos parécenos oportuno que o acto este acompañado pola rondalla Trovadores de Ares que mostraron o seu interese por acompañarnos. Amenizarán o acto tanto o principio como o final», aseguraba o teniente alcalde.
Para concretar máis o tema de animación musical, no espazo propio vai estar a Charanga Unión Phenosa e Danzalia Disco Show. E, volven os Cantos de Taberna, despois de 7 anos sen gozar desta actividade. Estará amenizada por 8 grupos: Abertal (A Rúa), Pándega (Valdeorras), Os Parrandas (Córgomo), Os Recantos (Quiroga), Candaira (Castrelo de Val), As Travesas (A Mezquita) e Taboucas (Amoeiro).
O domingo 25, para cerrar o programa da Festa do Codillo, ás 18:00 horas haberá unha actuación musical de Soulful Voices, grupo de Madrid que interpreta soul, blues e gospel.