domingo. 25.01.2026

Detrás de cada número unha historia que contar: o último en ter a súa entrada foi o 118

A venda pechouse ás 10:32 horas tras habilitar 50 entradas máis sobre as 1.050 iniciais para a XVII Festa do Codillo de A Rúa

As venta de entradas da XVII Festa do Codillo de A Rúa comezou ás 09:00 horas e foi a de  mais a alta demanda non tardou en evidenciarse. En apenas hora e media, esgotáronse todas as entradas, chegando o último número en repartirse ao 118. Inicialmente estaban previstas 1.050 entradas, pero habilitáronse 50 máis ante a gran expectación. Este ano, como novidade, limítase a 10 entradas por persoa, fronte ás 15 doutros anos, mantendo o prezo en 30 euros.

somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas1905
Un patio de butacas cheíño de xente

A xulgar polo vivido durante esta longa madrugada, a festa do codillo comezou moito antes de sentarse á mesa. Entre chuvia, frío, música, empanadas e risas, A Rúa demostrou que cando se trata de tradición e convivencia, nin o reloxo nin o tempo meteorolóxico teñen a última palabra. O codillo, unha vez máis, uniu ao pobo… mesmo antes de servirse.

Detrás de cada número, unha historia por contar

Ori e Carlos foron os primeiros en chegar. Ás 22:20 horas xa estaban ás portas do Centro Cultural Avenida e, entre risas, cando lles preguntamos se o seu era vicio ou previsión, responderon: «Lo nuestro fue maldad, solo fue maldad. Era para que me siguiera el resto del pueblo y me siguieron».

somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas1909
Ori, a primeira en porse a cola e a primeira en obter as 10 entradas

Pouco despois, a cola comezou a medrar rapidamente tras compartiren nas redes sociais a imaxe de que xa estaban alí. Iso si, sempre en ton de broma, Ori recoñece que «La verdad es que me llamaron de todo por venir tan pronto». Asegura tamén que non pasaron frío: «porque Berto de Mantesil se portó muy bien poniéndonos unas carpas y unos calefactores».

somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas1921
Berto organizador e que tamén tivo que porse a cola

Berto, organizador da festa, estaba tamén agardando como un máis. Ao ver que a xente se acumulaba, decidiu ir buscar calefactores e unha carpa. Preguntado por se realmente se portara tan ben como comentaban os asistentes, respondeu:
«Portáronse ben eles, foron moi pacientes, viñeron moi cedo e pasámolo ben». Chegou ás 23:15 horas e explicou que «fomos por unas estufas e algo para taparse porque igual chovía».

somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas1918
Montse amosa o seu número

Un dos grupos máis numerosos e fieis á festa desde os seus inicios é o que leva a figura do codillo. Falamos con Montse, unha das catro persoas que agardaron ata as seis da mañá para conseguir as corenta entradas do grupo. Chegaron ás 00:00 horas, tras recibir unha chamada avisando de que xa había trinta persoas na cola.
«Me puse el abrigo y aquí me vine. Pasé un frío de narices, pero que todo sea por una buena causa, ahí ya tenemos nuestras 41 entradas. Nuestras cuarenta más una que me encaramelé por ahí y me la cogió un colega».

somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas1922
Laura, Belén e nerea, pasaron a noite en pé

Tamén estaban Laura, Belén e Nerea, que levaban os números 39, 40 e 41. Nerea explica como xurdiu a decisión:
«Salimos a tomar algo y a pinchar y venir sobre las cuatro y media o cinco y los de la mesa de al lado iban recibiendo whatsapps de que ya iban uno, dos, tres, quince, dieciocho, casi ni nos dejan cenar».
Chegaron arredor da medianoite e, segundo conta, «a las doce y pico se paró y volvió a venir gente a las cinco de la mañana». A espera fíxose amena xogando ao parchís, á oca, cantando, bailando, comendo e bebendo, e mesmo xa pensan no futuro: traer un bingo o vindeiro ano.
«Estuvimos hasta las seis que abrieron, adelantaron una hora», engade, rematando: «es la prefiesta».

somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas1908
Pili e Fernando viñeros desde O Barco

Fernando e Pili, chegados dende O Barco, tampouco quixeron perder a cita. Esta vez chegaron ás catro da mañá. «Esta vez vinimos a las cuatro de la mañana, no como en el botelo que a la una ya estábamos allí». Conseguraron dez entradas case polos pelos. «Nos gusta venir al Codillo, la verdad es que lo pasamos muy bien».

somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas1906
Ceci e Fuco

Ás cinco da mañá chegaba tamén Ceci, que facía o número 108. «Chegamos polos pelos», dicía. No seu caso colleu vinte entradas, mentres que ao seu carón Fuco facíase con outras dez.

somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas1912
Alexia celebro su cumple en la cola

Alexia celbrou os seus 29 anos de festa ás portas do Centro Cultural Avenida onde ademaís lle cantaro o cumpreanos feliz e soprou a súa vela.

somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas1904
Carmen e Mabel sempre co sorriso posto

Mabel e Carmen nion faltan a cita gastronómica cada ano pero este contaba Mabel foi o máis madrugador case que se quedaba sen elas pese a chegar as catro e pico da madrugada.

 

Unha festa que xa se celebra facendo cola

Entre números, historias compartidas e moitas horas de espera, quedou claro que para moitos veciños e visitantes a Festa do Codillo non comeza o sábado á hora de xantar, senón moito antes, facendo cola, convivindo e celebrando xuntos. Porque en A Rúa, o codillo non é só un prato: é unha tradición que se vive desde a primeira noite.

Detrás de cada número unha historia que contar: o último en ter a súa entrada foi o 118