domingo. 26.04.2026

Un incendio calcina uns 400 metros cadrados nunha finca privada, en Vilela (A Rúa)

Os veciños lograron controlar o lume antes da chegada dos servizos de emerxencia, que mobilizaron medios ao pensar nun posible incendio forestal
somoscomarca_arua_vilelaincendio_ (3)

Un incendio declarado nunha finca privada no lugar de Vilela, na zona do Pacio, no municipio da A Rúa calcinou arredor de 400 metros cadrados de superficie, segundo as primeiras estimacións. As causas do suceso descoñécense polo momento.

Foi un particular quen deu a voz de alarma aos servizos de emerxencia, aínda que á súa chegada o lume xa estaba practicamente extinguido grazas á rápida intervención dos veciños da zona.

somoscomarca_arua_vilelaincendio_ (1)

As primeiras hipóteses apuntan a que o incendio puido iniciarse nunha zona de silvas, aínda que non hai confirmación oficial.

Ante a posibilidade inicial de que se tratase dun incendio forestal, mobilizáronse os Bombeiros do Parque Comarcal, así como unha motobomba do Medio Rural e efectivos de Protección Civil da Rúa. Finalmente, a actuación centrouse en asegurar a zona e evitar que o lume se reavivase.

somoscomarca_arua_vilelaincendio_ (4)

 

Fotos cedidas

Tu prueba Premium ha finalizado

Un incendio calcina uns 400 metros cadrados nunha finca privada, en Vilela (A Rúa)