domingo. 25.01.2026

O codillo máis madrugador da historia: a festa comezou agardando a quenda

Máis de cen persoas fixeron noite ás portas do Centro Cultural Avenida para conseguir entrada para a XVII Festa do Codillo de A Rúa
somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas (5)
somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas (5)

A paixón polo codillo non entende de horas nin de inclemencias meteorolóxicas. Ás 22:20 horas do sábado 24, cando aínda faltaban máis de dez horas para a apertura oficial da venda de entradas, xa había xente facendo cola ás portas do Centro Cultural Avenida. Os primeiros en chegar foron Ori e Carlos Pimentel, que se converteron nos grandes madrugadores desta edición e que, ás nove da mañá, serían os primeiros en mercar as súas entradas. E é que este ano, máis ca nunca, había fame… e ganas de codillo.

somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas (5)
Así estaban las puertas del centro cultural a las once de la noche

Pouco a pouco, a cola foi medrando. Ás 23:30 horas incorporábanse dous familiares de Ana Vizcaya, que xa colleitaban os números 7 e 8, mentres que o concelleiro Vicente Solarat facía o número 84 pasada a medianoite, ás 00:50 horas, ao saír dunha sesión de cine. A esa hora, a magnitude do fenómeno xa era evidente.

somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas (4)

A noite non acompañaba, chuvia persistente e frío intenso. Mais nada diso foi quen de frear aos asistentes. Ante a longa espera, a organización decidiu instalar pequenas carpas para protexer á xente, ao comprobar que aquela cola parecía non ter fin. Como lembraba Ana Vizcaya, «éramos máis de cen persoas».

somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas (6)

Unha noite longa… pero festiva

Lonxe de ser unha espera tensa, a noite converteuse nunha auténtica convivencia improvisada. Mesas e cadeiras pregables, empanadas, chourizos, tortillas, sobremesas e mesmo unha torta de aniversario, coa súa correspondente celebración, puxeron calor a unha madrugada desapacible. Houbo xogos de cartas, música, altofalantes e ata un pequeno karaoke montado polos propios asistentes.

somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas (2)

Tal e como explicaba Vizcaya, «había estufas, a xente trouxo pola súa conta mesas e sillas, comeron postres, xogaron ao tute, cantaron karaoke, de todo». E engadía: «Todos postos en fila pola beirarrúa adiante ata o aparcadoiro».

Ás sete… e non había ninguén

Ás sete da mañá, hora inicialmente prevista para iniciar o reparto de números, a escena era cando menos curiosa: non había practicamente ninguén, porque as portas para dar os números abríanse antes e no centro estaban a alcaldesa de A Rúa, María González Albert, e os concelleiros Vicente Solarat e Ana Vizcaya, para ás 9:00 poñerse ca venta dos números.

somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas (1)
somoscomaca_arua_festadocodillo_ventaentradas (1)

«As sete non veu ninguén. Viñeron todos ás dez e media, como podes comprobar», comentaba Solarat con ironía, ao ver que os máis previsores xa tiñan asegurado o seu sitio desde a noite anterior. Un feito que levou á reflexión sobre o sistema de venda. «Temos que pensar sobre isto, pero sinceramente non vexo unha forma máis transparente de vender as entradas», sinalaba o concelleiro.

Máis difícil ca unha final da Champions

A alcaldesa María González Albert recoñecía tamén o cambio de hábitos e a enorme demanda existente. «Isto cambiou. Agora toca madrugar moito. Estou convencida de que é a mellor forma que hai para vender as entradas», aseguraba. O último número repartido foi o 137, unha cifra que evidencia a presión por conseguir un sitio na festa.

Non faltaron as comparacións: «Creo que é máis difícil conseguir unha entrada para o Codillo que para unha final da Champions», bromeaba Solarat, iso si, lembrando que polo menos «é máis barata».

Actualmente, a demanda supera amplamente a oferta. «Temos agora mesmo unha demanda de máis de 1.350 entradas. Poñeremos á venda 1.050 e tentaremos estiralas ata as 1.100 coas que ten o Concello. Quedarán fóra unhas cento e pico, como xa pasou o ano pasado», explicaba a rexedora.

somoscomaca_1878
Vicente Solarat, María González Albert e Ana Vizcaya ás sete agardando a poñer as entradas a venta

Festa e bo ambiente

A pesar das horas de espera, o ambiente foi exemplar. «Todo foi moi amigable, non houbo conflitos», destacaba Ana Vizcaya, quen tamén apuntaba, entre risas, que «a xente viña preparada con vasos, bebidas, empanadas, bocadillos… de todo».

Mesmo houbo unha lista organizada polos propios asistentes, que foi respectada por todos, incluída a organización municipal, garantindo así unha noite tranquila e ordenada.

Datos clave da venda e da festa

As portas do Centro Cultural Avenida abríronse finalmente ás 09:00 horas, momento no que comezou a venda oficial das entradas. Este ano, como novidade, limítase a un máximo de 10 entradas por persoa, fronte ás 15 doutros anos. O prezo mantense en 30 euros, e a XVII Festa do Codillo de A Rúa celebrarase o sábado 31.

Unha festa que xa comezou agardando a quenda

A xulgar polo vivido nesta longa madrugada, a festa do codillo empezou moito antes de sentarse á mesa. Entre chuvia, frío, música, empanadas e risas, A Rúa demostrou que cando se trata de tradición e convivencia, nin o reloxo nin o tempo meteorolóxico teñen a última palabra. O codillo, unha vez máis, volveu unir ao pobo… mesmo antes de servirse.

O codillo máis madrugador da historia: a festa comezou agardando a quenda