jueves. 23.04.2026

Traballo e ambición coa mirada posta na Copa para un Rúa Valdeorras que segue crecendo

O técnico Jovito Rodríguez analiza unha tempada «moi positiva» na que o equipo se consolida na zona alta e mantén viva a ilusión pola Copa Deputación
somoscomarca_futbolsala_ruavaldeorras_jovito_viana (2)

O Rúa Valdeorras Futsal continúa demostrando que o seu proxecto deportivo medra con paso firme. Na tempada 2025-2026, o conxunto valdeorrés asentouse entre os mellores da Primeira Futgal FS (Grupo 3), cun rendemento sólido e regular que o mantén na terceira posición, a só tres puntos do segundo clasificado.

Aínda que o liderado —única praza que dá acceso ao ascenso— semella xa inalcanzable, o equipo non baixa os brazos e afronta o tramo final con ambición. Non en van, o seu adestrador, Jovito Rodríguez, fai un balance claro: «A valoración é moi positiva. Levamos un ano bastante regular, con só dúas derrotas».

somoscomarca_futbolsala_ruavaldeorras_viana (1)
A complicidade entre pais e nais, equipo técnico, xogadoras e equipo directivo fain do Rua de valdeorras un club sen fisuras

Nunha liga esixente, sen máis premio que o ascenso directo, manter a competitividade non é doado. «É unha liga moi complicada porque só ascende o primeiro», explica o técnico, que aínda así insiste en que o equipo non se conforma: «Queremos quedar o máis arriba posible».

Lonxe de ver o final de tempada como un simple trámite, no Rúa Valdeorras afrontan os últimos partidos con determinación. «Afrontamos o final con moita ilusión», asegura Rodríguez, coa mirada posta en defender a terceira praza e mesmo optar á segunda: «Se podemos lograla, imos a por ela».

somoscomarca_viana_futbolsala_vianariñofemenino_ruavaldeorras1180
O público é outro pilar importante no club

Un dos piares deste rendemento é a cohesión do grupo. A mestura de xuventude e experiencia funciona á perfección nun vestiario onde, segundo o adestrador, «hai moi boa sintonía entre todas». As máis novas medran ao abeiro das veteranas: «Aprenden das maiores e están dispostas a mellorar».

No plano deportivo, o equipo tamén soubo reinventarse tras a saída de xogadoras clave. Nese contexto, emerxeu con forza a figura de Leti, cuxo salto goleador está sendo determinante. «O ano pasado marcou 12 goles e este leva case 30», destaca Rodríguez, quen a considera «unha das xogadoras máis importantes».

somoscomarca_20260314_oaguillon_futsal_ruavaldeorras_estrelavermella (4)
Leti pasou da preparación físca a formar parte do equipo

Pero se hai un obxectivo que ilusiona especialmente ao equipo é a Copa Deputación. O conxunto valdeorrés xa está en cuartos de final e enfrontarase ao Academia Futsal Barbadás, un rival de máximo nivel. «Para min é o equipo máis en forma agora mesmo», recoñece o técnico. Aínda así, o grupo está preparado: «Estamos ilusionadas e mentalizadas en pasar a eliminatoria».

Detrás de todo isto hai unha receita clara, sen segredos: «A clave é o traballo e o esforzo das xogadoras». O compromiso vese no día a día, cunha alta participación incluso nos adestramentos voluntarios, algo que para o adestrador é fundamental.

somoscomarca_20260314_oaguillon_futsal_ruavaldeorras_estrelavermella (1)
A experiencia e xenerosidades de Sabela sen dúbida convértena nun baluarte do Rúa Valdeorras

Entre todas as xogadoras, tamén hai nomes propios que marcan a diferenza. É o caso de Sabela, á que define como «fundamental, non só polo que fai no campo, senón polo que aporta fóra». Un exemplo de entrega que representa o espírito do equipo.

O club, ademais, segue mirando ao futuro e á base. Rodríguez quixo lanzar unha mensaxe aberta á comarca: «As portas están abertas para todas as rapazas que queiran vir xogar e disfrutar».

Un proxecto con futuro. Coa tempada chegando ao seu desenlace, o Rúa Valdeorras Futsal confirma que está nunha clara liña ascendente. Sen perder a ambición e co premio da Copa no horizonte, o equipo segue demostrando que, como di o seu adestrador, «sen traballo non se consegue nada».

portada_somoscomarca_20260314_oaguillon_futsal_ruavaldeorras_estrelavermella (19)
Divertidas e traballadoras, un tanden para conquerir os resultados que están a ter

 

Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado

Traballo e ambición coa mirada posta na Copa para un Rúa Valdeorras que segue crecendo