jueves. 18.04.2024
P_somoscomarca_240326_bravolux
¿Gústache a música, o bo ambiente, e xuntarte cos amigos? Esta Semana Santa escolle Bravo Lux

A Semana Santa de paixón e goce comeza o mércores 27 no Bravo Lux da Rúa coa proposta “Salseo Party”. Será a partir das 23:59 horas e xa o avanza Javier ‘Karayán’, xerente do local, «prepárense todas e todos para gozar e bailar como se non houbese un mañá».

O Xoves Santo, 28 de marzo, continúa cunha xornada que comezará a partir das 14:30 cunha sesión vermú. Haberá bingo e música da man de Motto Inda House e Karayán, ofrecéndose tamén xantar a prezo popular para quen queira. Dende as 20:00, música en directo co dúo coruñés “DosEnPunto” (Carlos Bau e Hugo Torreiro).

Chegando ao Venres Santo, Bravo Lux presenta outra xornada completa. Vermú, tardeo e sesión DJ a partir das 1:00 h. da madrugada con Motto Inda House. Na sesión matinal pincharán Karayán e Motto, con bingo e xantar para quen queira; durante a tarde un concerto a cargo do grupo Os Piñeiros Band, formación coruñesa que fai versións pop-rock.

Para pechar a programación de Semana Santa, a xerencia convida a pasar polo local o sábado 30 para gozar do vermú, as cañas e os viños ao mediodía e tamén pola tarde, e para aqueles que queiran máis marcha nocturna, DJ Karayán pinchará a partir da media noite.

¿Gústache a música, o bo ambiente, e xuntarte cos amigos? Esta Semana Santa escolle...