
A Rúa comeza mañá sábado día 27 de enero, unha das fines de semana máis concurridas do ano. Á xa tradicional Festa do Codillo, que xa vai pola décimo primeira edición, súmase nesta ocasión a tamén décimo primeira edición do Campionato Galego de Cross Curto por Clubes, que terá lugar ao día seguite, o domingo 28 de enero.
Semanas tamén levan traballando no Concello, conta o alcalde, Luis Fernández Gudiña, “para que todo esté a punto e preparado e poder así disfrutar da festa”. Ás 12:30 horas no Centro Cultural Avenida, comezará o acto de homenaxe a dous veciños da Rúa, Santos Izquierdo “pola súa adicación ao ciclismo durante as catro ou cinco décadas que estivo na Peña ciclista, sacando adiante o premio Cuprosan que no seu momento era o único premio a nivel profesional que se celebraba en Galicia”. A homenaxe tamén contempla o recoñecemento ao traballo de toda unha vida da veciña Ermitas Erbolaño, “porque lle chega a xubilación despois de cincuenta anos ao frente dun dos lugares emblemáticos do noso concello como é o Bar Taxi”. O acto estará amenizado pola música do grupo Abertal.
A partires das 14:30 horas no pavillón polideportivo, será o momento e lugar da degustación do menú da festa, comezando polo consomé, seguido do Codillo de porco con chourizos, cachelos e grelos, pan, viño, bica, café e licores. “Virán á festa máis de 800 persoas entre as entradas que puxemos á venda e as persoas invitadas que nos acompañarán”, matiza o alcalde. Para todos eles haberá un agasallo dunha cunca de barro que lles lembrará a súa concorrencia.
Tras a comida, chegará o baile, e a partires das 19:30 horas xa se poderá disfrutar dos cantos de taberna nos diferentes establecementos hosteleiros da vila. Explica Gudiña que haberá “tres grupos que rotarán por cada un deles para amosarnos a súa música en directo e seguir ca troula durante toda a tarde”.