viernes. 29.03.2024
IMG-20211004-WA0000

O obradoiro de emprego LABORU, levado a cabo polos concellos de Larouco, O Bolo e A Rúa, tivo a súa finalización na mañá deste luns 4 de outubro. No acto de despedida xunto aos alumnos e os mestres, estiveron tamén a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández, e o alcalde do Bolo, Manuel Corzo.

Lorenzana salientou a importancia destes obradoiros, nos que se lle permite a xente que non ten emprego a posibilidade de formarse, tendo un soldo e ademáis estando asegurados na Seguridade Social, acabando o curso cun certificado de profesionalidade.

Destacou tamén a importancia que ten a formación en xestión forestal e tamén en xardinaría nun entorno rural como teñen estes 3 concellos. A conselleira confirmou que LABORU contará cunha segunda edición no vindeiro 2022, e contará cun presuposto de 346.946 euros.

Todo isto englóbase no Plan Estratéxico da Política Agraria Común 2023-2027, xestionado dende a Xunta xunto as administracións locais.

Álvaro Fernández, rexedor rués estivo en consonancia ca conselleira a hora de destacar a importancia destes ciclos formativos e axudan a suplir a carencia de persoal. O alcalde non olvida todos os traballos que fixeron os alumnos no seu concello en entornos como o do Aguillón, Barranco Rubio ou as reformas que realizaron na actual oficina de turismo da vila.

O vindeiro obradoiro que se levará en conxunto entre os municipios de Larouco, O Bolo e A Rúa, terá a súa base esta vez dende O Bolo. Fernández, si pudo confirmar que parte dos traballos dos alumnos volverán a ser no concello que goberna.

Respecto as actuacións da primeira edición, no concello do Bolo realizáronse traballos en Lentellais, Santa Cruz ou Valbuxán entre outros. Freixido, Seadur ou as antigas escolas de Larouco formaron parte das obras no terceiro concello que formou parte da primeira edición do obradoiro.

Clausúrase o obradoiro de emprego LABORU, que agarda a súa segunda edición