jueves. 30.11.2023
P_somoscomarca_23_09_27arua_ensino_colegiomanuelrespino_abertalGaita_demostracion (2)
Abertal visitou o Manuel Respino da Rúa para facer novas «fichaxes»

Hoxe no colexio público da Rúa, no Manuel Respino, desfrutaron da visita dalgúns dos compoñentes da agrupación Abertal para amosarlle os instrumentos que tocan nas actuacións así coma unha demostración de música tradicional galega coa gaita e a pandeireta como instrumentos estrela.

psomoscomarca_23_09_27arua_ensino_colegiomanuelrespino_abertalGaita_demostracion (3)

Con estas demostración quíxose que á rapazada lle entre o desexo de tocar algúns destes instrumentos e así garantir a continuidade da agrupación que leva máis de 30 anos adicándose á música e ó baile tradicional.

Así familiarizáronse coa gaita, percusión. Pandeireta ou baile tradicional. Manoel Durán o director tamén estivo presente na demostración que lle informou que o prazo de matrícula para o novo curso está aberto e nel pódense apuntar os nenos e nenos a partires dos 4 anos.

somoscomarca_23_09_27arua_ensino_colegiomanuelrespino_abertalGaita_demostracion (1)

Abertal visitou o Manuel Respino da Rúa para facer novas «fichaxes»