sábado. 20.04.2024

O Camiño de Inverno ao seu paso por A Rúa gozará dun acceso virtual a súa señalización e ámbito de influencia gracias a un proxecto presentado polo Concello que contempla varias actuacións na zona. O anuncio de concesión dunha subvención por parte da Consellería de Turismo da Xunta, chegaba ao consistorio logo de recibir unha primeira negativa da Administración «por non acadar a puntuación necesaria, quedando por debaixo da que se esixía», contou o alcalde, Luis Fernández Gudiña. Finalmente, Turismo farase cargo do 65% dun orzamento de 11.727 euros, deixando 35% restante nas mans do propio concello.

Entre as actuacións a realizar dentro do proxecto, «contémplase a colocación de dous directorios planimétricos, un na zona da Rúa Vella e outro na zona do Aguillón, para obter un planning virtual de todo o concello», explicó Gudiña. Os camiñantes que elixan a ruta de Inverno para chegar a Compostela poderán consultar o vídeo elaborado cas imaxes a vista de paxaro de todo o percorrido do Camiño ao seu paso por A Rúa».

Ademáis das ferramentas vituais que centrarán a súa atención en dar a coñecer a ruta e ao concello rués, colocaranse «uns carteis indentificadores en 11 actuacións do patrimonio cultural máis salientable no momento actual». Unha imaxe de 360 grados das dúas igrexas máis significativas, a de San Estevo e a de Fontei, brindará a oportunidade ao peregrino de ver o seu interior.

A concesión desta subvención supón unha aposta por amosar o interior da ruta do Camiño de Inverno. «Un paso máis desa preocupación que temos por dar a coñecer non soamente o Camiño, senón tamén o noso patrimonio, para a xente que nos visita».

A Rúa levará á Rede a ruta do Camiño de Inverno ao seu paso polo municipio