
O xurado valorou o alto nivel das máis de 50 obras presentadas polos estudiantes de ESO valdeorreses
Esta mañá reuniuse no Centro Tecnolóxico da Pizarra, en Sobradelo, o xurado do Concurso de Debuxo do Clúster da Pizarra para escoller as tres mellores obras, entre os máis de 50 debuxos presentados. O primeiro premio, dotado con 300 € e un obsequio, foi para Sandra Mallo Sastre, alumna de 1º da ESO do I.E.S. Martaguisela do Barco.
O segundo premio, dotado con 150 € e un obsequio, se lle otorgou a Kevin Fernández Carvalho, estudiante de 1º da ESO do C.P.I. Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo. O terceiro posto do Concurso, dotado dun premio de 50 € e un obsequio, concedéuselle a Jorge Juan Gutiérrez González, estudiante de 3º da ESO do Terrón Mendaña.
Os membros do xurado destacaron o alto nivel das obras presentadas, "e máis se temos en conta as idades dos participantes, xa que o concurso estaba dirixido só aos estudiantes de ESO da comarca de Valdeorras".
A importancia da pizarra
As bases do concurso, ademais de indicar que as obras fosen orixinais, pedían aos participantes que expresasen a través dos seus debuxos a importancia que ten a pizarra para a comarca de Valdeorras e os seus habitantes. Tamén se valoraba que os estudiantes destacasen a calidade da lousa extraída nas canteiras galegas.
Membros do xurado
O xurado estaba presidido polo xerente do Clúster da Pizarra de Galicia, Severino González Álvarez, por delegación do presidente da organización, Víctor Cobo.
O resto do xurado estaba integrado polos seguintes profesionais: Verónica Vieira González —graduada en Deseño Gráfico e xerente do estudio de arte e deseño Por las Ramas—; Cristina Álvarez Núñez —directora técnica da Fundación Centro Tecnolóxico da Pizarra—; Jorge Isla Rodríguez —xornalista e consultor en comunicación corporativa— ; Begoña Llamas de la Rivaëdirectora do I.E.S. Sección de Sobradelo Carballeda, Escola de Colocadores de Pizarra— y Francisco Javier Vázquez Seijas —profesor do I.E.S. Sección de Sobradelo-Carballeda—.