domingo. 08.06.2025

Valdeorras presente na nova proposta de ocio "Funtastik"

Berto Fernández, xerente de Mantesil, acompañou na visita do espazo de multiexperiencias para todas as idades ao presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor
somoscomarca_241010_ourense_deputacion_mantesil555
De esquerda a dereita: Berto Fernández, xerente de Mantesil; Luís Menor, presidente da Deputación de Ourense; Rogelio Martínez, director xerente de Expourense

"Funtastik. No limits" é un evento que aglutina formación e diversión a través dun espazo de multiexperiencias para todas as idades, que se enmarca dentro do compromiso das institucións cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, visitou o recinto de Expourense para comprobar de primeira man o funcionamento de lecer educativo para todas as familias e están inscritos máis de 20 colexios. 

somoscomarca_241010_ourense_deputacion_mantesil557

Estivo acompañado polo xerente de Mantesil, Berto Fernández, quen lle transmitiu que se prevé unha afluencia de máis de 10.000 persoas, destacando a gran acollida que tivo entre o público, tanto na primeira fin de semana como no resto dos días, proba de que se esgotaron as 4.000 entradas facilitadas pola Deputación aos concellos da provincia.

Menor destaca a gran acollida de Funtastik como «un novo concepto de ocio que ten idea de continuidade», e puido comprobar a satisfacción e ledicia coa que a rapazada acolleu esta experiencia multiaventura.

Funtastik celebrarase no recinto feiral de Expourense, do 4 ao 13 de outubro, ofrecendo espazos e experiencias diferenciadas adaptadas a todos os públicos, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. As entradas poden adquirirse por un prezo de 9 euros a través de ataquilla.com ou fisicamente en Expourense pola semana.

somoscomarca_241010_ourense_deputacion_mantesil556

Precisamente, Funtastik contará cun espazo temático dos "Pitufos" para educar nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible mentres desfrutan con xogos interactivos, un espazo de "Lego" onde os rapaces e rapazas poderán desenrolar a súa creatividade, así como múltiples experiencias como un circuíto de inchables xigantes, pistas de xeo ecolóxico, circuítos de obstáculos, entre outras actividades que estarán supervisadas por monitores.

Valdeorras presente na nova proposta de ocio "Funtastik"