domingo. 15.06.2025

O roteiro de Córgomo permitiu coñecer o pobo cos ollos de Florencio Delgado

A ruada partiu da Praza dá Casa do Pobo de Córgomo ás 16:30 e estivo acompañada de música tradicional galega como homenaxe ao autor
somoscomarca_roteiro_corgomo_florenciodelgado_06_02_2022
O roteiro de Córgomo permitiu coñecer o pobo cos ollos de Florencio Delgado

Este domingo, 6 de febreiro, aproveitando que esta semana foron as Candeas, a festividade de inverno de Córgomo, estreouse un roteiro deseñado para coñecer mellor a aldea que tanto inspirou a Florencio Delgado Gurriarán. A andaina partiu da Praza dá Casa do Pobo de Córgomo.

somoscomarca_roteiro_corgomo_florenciodelgado_06_02_2022

Encabezada por Fernando Santalla, un veciño e familiar do autor, «A Ruada con Florencio polas Candeas» permitiu a todos os asistentes contemplar a localidade cos ollos dun Florencio máis novo e descubrir episodios históricos que non coñecían.

somoscomarca_roteiro_corgomo_florenciodelgado_06_02_2022

Foron algúns dos seus familiares os que leron un poema como pistoletazo de saída a este primer roteiro. Ademais, segundo ían avanzado, tres mozos tocaban música tradicional galega en honra ao escritor protagonista do Día das Letras Galegas 2022.

somoscomarca_roteiro_corgomo_florenciodelgado_06_02_2022

Como adiantaba Débora Álvarez, coordinadora do proxecto, «o primeiro roteiro non podía ser doutra maneira que en Córgomo, os primeiros anos onde viviu o autor». 

 

O roteiro de Córgomo permitiu coñecer o pobo cos ollos de Florencio Delgado