
Se es estudante universitario en Galicia e estás pensando en estudar o curso que vén fóra da Unión Europea… isto interésache (e moito!).
🔹 Ata 2.500€ de axuda para que poidas participar nun intercambio internacional fóra da UE.
🔹 Solicitudes abertas ata o 7 de xullo!
🔹 Dirixido a alumnado matriculado no curso 2025/26 nalgunha das universidades públicas galegas.
Estas bolsas forman parte do programa Galemundo, co que a Xunta quere que máis estudantes galegos saian ao mundo, melloren idiomas, coñezan outras culturas e vivan unha experiencia internacional que lles abra portas.
💬 Estudar en Xapón, Canadá, Arxentina ou Australia? Agora é moito máis fácil.
📌 Importante:
-
As bolsas son de 1.700€ para destinos en Europa non-UE e de 2.500€ para o resto do mundo.
-
Non podes ter recibido esta bolsa antes.
-
A solicitude faise en liña a través da sede electrónica da Xunta.
🌍 O futuro está fóra: abre portas, mellora o teu CV e vive unha experiencia que che vai cambiar.
👉 Máis info e solicitudes: sede.xunta.gal